VIGO | 21/03/2017 | Actualizada ás 11:55 por EUROPA PRESS
Axentes da Garda Civil de Pontevedra investigan como presunto autor dun delito de falsidade documental ao propietario dun 'desguace' da comarca do Salnés, que supostamente vendía turismos dados de baixa a persoas que os transformaban para participar en probas de rally.
Segundo informou o Instituto Armado, o pasado 11 de marzo o destacamento de Tráfico de Pontevedra descubriu que no Rallymix Cuntis Vila Termal había inscritos tres vehículos que figuraban de baixa definitiva por despezamento, polo que os tres coches foron intervidos.
Por mor destes feitos, iniciouse unha investigación pola que se comprobou que o dono dun 'desguace' supostamente emitía falsos certificados de despezamento de vehículos, que logo poñía en circulación ao venderllos a persoas que os transformaban para participar en probas deportivas.
Por estes feitos, o propietario do local foi acusado da comisión dun presunto delito de falsidade documental, e as dilixencias instruídas foron remitidas pola Garda Civil ao Xulgado de Instrución de Caldas de Reis, en funcións de garda.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.