O festival Play-Doc arrinca este mércores en Tui con colaboracións, estreas, óperas primas e "xoias do pasado"

O Festival Internacional de Cinema Documental Play-Doc arrincará este mércores en Tui (Pontevedra) a súa XIII edición, na que contará con estreas mundiais, óperas primas, "xoias do pasado", obras censuradas, creadores polémicos, unha "coidada" oferta formativa e un programa aberto a colaboracións e envorcado no cinema galego.

VIGO | 22/03/2017 | Actualizada ás 08:05 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O Festival Internacional de Cinema Documental Play-Doc arrincará este mércores en Tui (Pontevedra) a súa XIII edición, na que contará con estreas mundiais, óperas primas, "xoias do pasado", obras censuradas, creadores polémicos, unha "coidada" oferta formativa e un programa aberto a colaboracións e envorcado no cinema galego.

Presentación do Festival Play Doc
Presentación do Festival Play Doc | Fonte: Europa Press

O evento foi presentado nun acto cos directores do festival, Sara García e Ángel Sánchez; o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro; o director de Agadic, Jacobo Sutil; e o deputado de Cultura da Deputación de Pontevedra, Xosé Leal.

Entre os próximos días 22 e 26 de marzo, Tui será a capital do cinema documental, que en "a última década experimentou un auténtico estalido de creatividade". Trátase dun evento por medio do que se ofrecerá unha programación de "calidade" e con "accesibilidade a cineastas de indiscutible prestixio".

No marco do festival celebrarase unha competición internacional na sección oficial, unha retrospectiva dedicada ao director franco-canadense Dominc Gagnon --do que se exhibirán 5 películas ademais da preestrea da súa última obra, e que impartirá unha masterclass e ofrecerá un programa de Cinema Direct canadense--, e haberá unha sección con 12 películas de creación galega.

Así mesmo, haberá unha colaboración especial coa sala Metrograph de Nova York, cun ciclo de 5 películas; e co festival Porto/Post/Doc, que programa o clásico dos anos 50 'On the Bowery'. A sección 'Retratos' e os talleres, seminarios e encontros programados, xunto coas actuacións, con Joan As Police Woman como cabeza de cartel, completan o festival.

"Gozamos moito preparando esta edición, foi moi enriquecedor colaborar con outros programadores e rescatar algúns títulos que sempre quixemos compartir no festival", destacaron os directores do evento.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta