VIGO | 23/03/2017 | Actualizada ás 13:02 por EUROPA PRESS
O Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo citou para o 31 de marzo ás partes personadas na causa aberta polo crime da enxeñeira de 25 anos Ana Enjamio, procedemento que foi atribuído ao Tribunal do Xurado.
Así o comunicou este xoves o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), que indicou que as partes foron citadas ás 10,15 horas do venres 31 para trasladar a imputación concreta ao investigado.
O único investigado como presunto responsable da morte da moza é un compañeiro de traballo con quen mantivera unha relación, César A.O., quen foi detido e permanece en prisión provisional desde o pasado 21 de decembro.
Ana Enjamio, unha moza de 25 anos de idade natural de Boqueixón (A Coruña), foi acoitelada na madrugada do 17 de decembro no portal do edificio onde vivía na Avenida de Madrid, en Vigo, á volta dunha cea de Nadal da súa empresa.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.