Os segredos do campamento romano atopado a 1.300 metros entre Galicia e León

Segundo as investigacións podería ter sido un 'castra aestiva' construído no decurso das campañas militares das guerras galego-astur-cántabras do 29-19 A.C.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 24/03/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

O Campo do Circo ou Cortiña dos Mouros atópase na serra dos Ancares, a cabalo entre as parroquias de Balboa (O Bierzo) e Vilarello (Cervantes). E alí podería situarse o campamento romano máis alto de Galicia estudado ata o momento. Así o cre, cando menos, Julio Vidal Encinas, que foi o primeiro en estudalo en 2015.

Fotograma do Voo Americano de 1945-46 (Fonte Vidal Encinas, 2015) do suposto campamento romano do Campo do Circo ou Cortiña dos Mouros, entre Cervantes (Galicia) e Balboa (León)
Fotograma do Voo Americano de 1945-46 (Fonte Vidal Encinas, 2015) do suposto campamento romano do Campo do Circo ou Cortiña dos Mouros, entre Cervantes (Galicia) e Balboa (León) | Fonte: HdG

As características destes sitios arqueolóxicos indican que se trata duns castra aestiva de cronoloxía altoimperial romana, uns campamentos temporais construídos polo exército romano no decurso das campañas militares durante as Guerras Galego- Astur-Cántabras (29-19 a.C.). Toda a historia deste excecional xacemento, na web colaboradora Historia de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta