Detidos tres mozos na Coruña por varios roubos con forza en tendas, en especial de lavado automático

Tres mozos foron detidos na Coruña pola Policía Nacional en relación con varios roubos con forza en tendas desde finais do ano pasado, en especial en establecementos de lavado automático, así como pola súa presunta participación en atracos nun restaurante, un estanco e unha axencia inmobiliaria.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/03/2017 | Actualizada ás 14:22 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Tres mozos foron detidos na Coruña pola Policía Nacional en relación con varios roubos con forza en tendas desde finais do ano pasado, en especial en establecementos de lavado automático, así como pola súa presunta participación en atracos nun restaurante, un estanco e unha axencia inmobiliaria.

Os presuntos ladróns entraban coa cabeza cuberta con carapuchas ou cascos de motos e, mentres un vixiaba no exterior, os outros forzaban as caixas de recadación e apoderábanse do diñeiro ou dos efectos de valor que atopaban. Nalgunha ocasión volveron ao mesmo establecemento días despois para roubalo de novo.

Os arrestados xa contaban con numerosas detencións anteriores por feitos semellantes. A Autoridade Xudicial decretou o ingreso en prisión provisional dun deles. A investigación continúa aberta e non se descartan novas detencións.

Un deles tiña en vigor, ademais, unha orde xudicial de detención e tamén se lle atribúe a comisión de varios roubos con forza en rochos cometidos en xullo do ano pasado nun inmoble da zona do Castrillón.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta