SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/03/2017 | Actualizada ás 19:52 por EUROPA PRESS
O programa de fomento da lectura 'Ler conta moito' levará ao longo de 2017 máis de 750 actividades de dinamización por bibliotecas públicas espalladas por todo o territorio galego.
Diso informou a Xunta a través dun comunicado, no que explicou que se trata dunha iniciativa que busca "espertar o interese pola lectura" e "achegar á cidadanía o espazo da biblioteca".
Así, dentro deste programa dirixido a públicos diversos, haberá sesións de contacontos participativos, talleres de poesía, ciencia e arte, narracións musicadas e conversas con autores e con ilutstradores.
'Ler conta moito' arrinca este ano a súa quinta edición e, ademais do aumento de actividades, entre as súas novidades figura que todas elas se realizarán en bibliotecas públicas e axencias de lectura municipais.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.