Xunta destina máis de 235.000 euros a contratar persoal para oficinas de municipios turísticos e xeodestinos

Turismo de Galicia destinará máis de 235.000 euros para axudar a un total de 47 destinos de Galicia a contratar persoal nas súas oficinas de turismo durante as épocas de máis afluencia de visitantes.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/04/2017 | Actualizada ás 18:33 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Turismo de Galicia destinará máis de 235.000 euros para axudar a un total de 47 destinos de Galicia a contratar persoal nas súas oficinas de turismo durante as épocas de máis afluencia de visitantes.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns o resultado do proceso de concesión destas subvencións, que se destinarán a 47 destinos galegos -4 máis que o ano pasado-, entre municipios turísticos e xeodestinos.

Conscientes de que a afluencia turística dos meses de xuño, xullo, agosto e setembro nestes municipios "fai necesaria a contratación de persoal nas súas oficinas", Turismo de Galicia puxo en marcha estas subvencións que, na convocatoria deste ano, presentaban como novidade a posibilidade de que, ademais dos concellos declarados municipios turísticos, puidesen optar a estas axudas os 18 geodestinos e subgeodestinos de Galicia.

Grazas a estas axudas, garantirase " o mantemento da calidade no servizo de información turística" que se presta, de maneira que se potencie a imaxe tanto dos municipios de interese turístico como de toda a Comunidade Autónoma no ámbito nacional e internacional.

O persoal que se contrate nestas oficinas deberá ser persoal cualificado, en posesión de títulos de información e comercialización turística ou técnico superior en guía; información e asistencia turística; técnico en empresas e actividades turísticas; grao ou diplomatura en turismo ou equivalente homologado ou habilitación de guía de turismo.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta