Temas: GALEGO

Premian unha investigación sobre a inclusión na Constitución das catro linguas do Estado

O estudo, baseado na modificación do artigo 3 da Constitución, pide que se estableza a oficialidade e o recoñecemento do galego, catalán, vasco e español no conxunto do Estado.

Por E.P. | VALENCIA | 02/05/2017 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A profesora de Dereito Constitucional da Universitat de València, Vicenta Tasa Fuster, recibiu o premio Manuel Duran i Bas que outorga o Institut d'Estudis Catalans pola súa tese doutoral, sobre a inclusión, como oficiais na Constitución, das catro linguas de España --entre elas o galego--, segundo informou a institución académica nun comunicado.

Vicenta Tasa
Vicenta Tasa | Fonte: Europa Press

A tese doutoral de Vicenta Tasa, denominada 'Drets lingüístics i ordenament constitucional: seguretat lingüística vs. Jerarquia lingüística. Un estudi comparat de Suïssa i Espanya', expón modificar a Constitución para facer oficiais do Estado e das súas institucións as catro linguas máis faladas de España (castelán, catalán, galego e vasco).

A proposta está baseada na modificación do artigo 3 da Constitución, e tamén suxire que a nivel autonómico se estableza a oficialidade e o recoñecemento das outras linguas españolas.

O modelo resultante, parecendo ao suízo, recoñecería a totalidade da diversidade lingüística española e dotaría dunha maior seguridade lingüística os falantes de todas as linguas.

O premio Manuel Duran i Bas convócase cada tres anos pola sección de Filosofía e Ciencias Sociais do Institut d'Estudis Catalans, na categoría de Dereito. O IEC creou este galardón para premiar "unha obra de dereito positivo ou de investigación doctrinal ou de historia sobre temas xurídicos ou sociolóxicos".

Temas: GALEGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 18 comentarios

4 Antinostrus

Non vos esforcedes co Nostrus...é-vos Oligofrénicofenilpirúvico de Nacemento (algo inmodificabel por moitas leis pola igualdade quer poidamos promover) froito dun Coitus Cortelleiro entre a súa Porca (Celta) Nai e o Coidador mais avezado do Pazo decadencial e Mercenario Ma mon de Subsecretarios do Ministerio do Interior Español (Adquirido, por Oposición, mediando cupo de Disminuidos Intelectuais)...algo so retrotraíbel con estancia en Campo de ConcentraciónReeducación e posterior FumigaciónBayer...............

1 nostrus

nos ultimos tempos os membros da tua especie melloraron moito gracias os animalistas.

3 5vJB

Quen viven do negocio aplauden que lles dean mais negocio. Pos fale.

2 Montesío

Pois eu penso que o castelán non debería ser lingua oficial en Galicia. Que o utilice quen queira, cando queira, como moitos ultilizan o inglés, o francés, o rumano ou o arabe, pero oficial, só debe ser o galego. A impoñer o castelán a outro lado.

1 nostrus

Bueno, nada novo pola tua parte, tamen hai quen pensa que o catolicismo é a única lingua verdadeira e deberia ser oficial.

2 Montesío

Eu non. E son católico.

1 nostrus

Yo me imagino que habran quedado cansados mentalmente para la elaboracion de ese estudio y, a lo mejor no saben que la oficialidad de una lengua obedece a "su realidad lingúisitica social" y si hace por otros motivos ni será democrático ni resultará eficaz. No se yo si los que les gustaria que el gallego fuese oficial en toda España les gustaria que en Galicia tambien fuesen oficiales el catalan, el euskera y el aranés. Para que las lenguas fuesen oficiales atendiendo a su origen, el latin tendria que ser la lengua oficial de Italia porque se originó allí, el cstellano no sería oficial de Ponferrada porque no se originó allí. Tonterias las justas.

1 Leirachá

Nostrus, es tan simplón: Franza é unha democracia? Indiscutible! No Rosselló o catalán é oficial? Non! Logo a túa "realidad lingúisitica social" (sic) é un argumento estúpido. Exemplos semellante a moreas. Tontadas e xustificacións do supremacismo son as que rexen a túa ideoloxía política.

2 Arrivaus

eu estaría encantado de que todas as linguas do Estado fosen oficiais na totalidade do Estado. Ahí sí poderíamos falar de igualdade efectiva entre castelán, galego, euskara e catalá. Polo demais, concordo con Leirachá: nostrus, eres un impositor ignorante e acomplexado

3 teutonio

Pois o alemán en Mallorca ou o árabe en Ceuta e Melilla teñen en porcentaxe máis falantes que o vasco en Euskadi e Navarra... meu, tentas dar argumentos facendo comparacións estúpidas e deixando claro que non sabes ben do que falas (a constitucion púxose a oficialidade lingüistica baseada na realidade lingüistica social española polo benestar da xente), levas anos con estas tontunas así que imaxino que non serás un rapaz da ESO con poucas luces e moito tempo. E pra culminar falas do benestar da xente!, se diso se trata, igualar os dereitos de todos en todo o territorio, como sucede en Bélxica coas comunidades lingüísticas francófona, neerlandesa e xermana ou en Finlandia coa minoría sueca. Meu, en vez de escribires tanto aquí e acolá, le máis e aprende que agora con internet até é gratis.

4 nostrus

Leirachá, pois para que vexas, en Francia hai mais linguas que en España e soamente é oficial o francés e aquí en España todas as linguas españolas son oficiais no territoirio onde teñen unha realidade lingüistica social. Teutonio, non sigas dicindo parvadas e acusandome a min de dicilas: o aleman nin o árabe non teñen realidade lingüisitca social en España. Dicideme porque non han de ser oficiales as arrobas, canados e os ferrados. Dicideme tamen porque non ha de ser obrigatorio saber tocar a gaita galega. Cando se fixo a constitucion púxose a oficialidade lingüistica baseada na realidade lingüistica social española polo benestar da xente. Tedes un fanatismo co galego en cantidades insuperables ata tal punto de antepoñer o galego e as pallas mentais ao benestar da xente

5 Garcia

nostrus, por favor, deixa de defecar en publico. Non semella elegante, ficas en ridiculo. Ninguen ten responsabidade pola tua escasa formacion, menos ainda cando vas dando leccions e caes nos erros mais elementais debido ao teu fanatismo ideoloxico. A feble democracia española non garantiza nada, nin para o galego nin para "realidades" como o asturiano ou o aranes... Outra cousa son os legados do franquismo, iso que ti defendes disfrazado de democracia.

6 teutonio

Pois en Ceuta e Melilla ou en Mallorca hai unha porcentaxe máis grande de falantes de árabe ou alemán que de vasco en Navarra ou Euskadi. Nostrus meu, levas anos e anos con estas panocadas, tratando de buscar unha linguaxe que dea fundamento aos postulados cando con expresións como " Cando se fixo a constitucion púxose a oficialidade lingüistica baseada na realidade lingüistica social española polo benestar da xente" ou as túas estúpidas comparacións pareces máis ben un rapaz da ESO con moito tempo libre. E pra culminar falas do benestar da xente, diso se trata, de garantir a igualdade de todos os cidadáns en todo o territorio, como sucede en Bélxica coas comunidades lingüísticas xermanófona, neerlandófona e francófona ou a minoría sueca en Finlandia. Meu, fai favor, en vez perderes o tempo humillándote coas túas demostracións de ignorancia, le máis que agora en internet acceder a información é fácil e case gratuíto

7 nostrus

¡jajajaja! teutonio ¿todas las lenguas españolas oficiales en toda España por el bien de la gente?, ¿y por que no todas las del mundo?, ¡barbaro! ¡muy barbaro!. O sea, que los funcionarios gallegos deberan dominar todas las lenguas de España para que tu y tus camaradas esteis empalmados.

8 Garcia

Jajajaja nostrus! Riste da tua ignorancia? Na UE hai 24 linguas oficiais, significa iso que os funcionarios dominan todas as linguas oficiais? Ti, de loxica e razonamento, estas castrado! Premuses do que careces: luces!!! Triste papel che tocou: provocar con argumentos fascistas!!!

9 teutonio

Recomendeiche ler e non o fas, aprende un pouco como funcionan as comunidades lingüísticas en Bélxica ou os dereitos que os falantes de sueco teñen na Finlandia continental (ademáis das illas Aaland). É ben triste rir da propia ignorancia.

10 nostrus

Garcia, ¿é non che parece que a UE funcionaría mais áxil tendo menos linguas?, na UE hai perto de setenta linguas e non todoas son oficiais, ¿cres que sairiamos gañando si foran todas oficiais?. O que dixen antes, no muindo hai seis ou sete mil linguas...¿debemos encamiñarnos a que sexan todas oficiais en España?, ¿ou en europa?. Non es digno de tomarte en serio.

11 teutonio

Nostrus meu, non fales do que descoñeces, iso é propio de ignorantes, a UE non funciona, funcionan as institucións, órganos e axencias e nelas existen linguas de traballo (maiormente o inglés, o francés e alemán). Pola contra esta organización representa a estados con linguas oficiais e a cidadáns que as falan e como os seus principios son a igualdade, a democracia, o respecto á diversidade ou a representatividade certas institucións e certas funcións si admiten o uso das linguas oficiais equasi oficiais dos estados membros, por ex no Parlamento Europeo un eurodeputado maltés pode empregar a súa lingua usada por menos xente que os falantes de galego occidental, o mesmo sucede nas respostas aos cidadáns por parte das institucións. Da outra maneira UE sería vista como unha organización aínda máis elitista apoiada soamente por aqueles que falan unha das linguas principais do continente (francés, alemán e inglés) e alienando ao resto de cidadáns e identidades