A Xunta dálle 1,7 millóns de euros a medios privados para que sexan “plurais e independentes”

Apela tamén ao idioma, a galeguidade e a cultura do país para aumentar en máis de medio millón as axudas con respecto ao pasado ano. A maior parte destas axudas van sempre ás familias mediaticas galegas, sobre todo, a La Voz de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 05/05/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

A Xunta segue a súa política de enchufar diñeiro público aos medios privados e, este ano, cunha partida moito máis avultada que no 2016, máis de medio millón de euros máis. Un diñeiro que canaliza a Secretaría Xeral de Medios a través da concesión de axudas económicas, en réxime de concorrencia non competitiva, é dicir, case de xeito discrecional, destinadas a empresas xornalísticas e de radiodifusión para promover a “liberdade de prensa” entre medios “plurais e independentes”.

Mar Sánchez Sierra e Nuñez Feijóo
Mar Sánchez Sierra e Nuñez Feijóo

En total son 1.675.000 euros, máis de medio millón de euros  máis con respecto as mesmas axudas do pasado ano que foron de 1.135.000€. E iso, a pesar da crise económica que está provocando recortes noutros servizos básicos esenciais.  

Curiosamente, a Xunta xustifica estas axudas aos medios privados apelando á liberdade de expresión. “A liberdade de expresión e de difusión constitúe un dereito fundamental e unha das bases esenciais de convivencia democrática, valores que os poderes públicos deben garantir, non só removendo os obstáculos que impliquen ou dificulten a súa plenitude senón promovendo a participación de todos os cidadáns na vida política, económica e social”, apunta a Secretaría Xeral de Medios para xustificar estas axudas.

Fomentar medios "plurais e independentes"

Tales obxectivos, engade, “son evidentemente inalcanzables sen uns medios de comunicación

Os medios de comunicación tradicionais están sufrindo unha fonda crise
Os medios de comunicación tradicionais están sufrindo unha fonda crise | Fonte: prnoticias.com

plurais e independentes” que cheguen, “na súa virtualidade de información e incidencia na

conformación da opinión e posturas, a todos os galegos”. Por iso, insiste, “faise necesario que o Goberno galego poña os axeitados instrumentos de financiamento ao servizo da potenciación e difusión dos medios de comunicación que, ademais de responder ás devanditas premisas e de acordo cos artigos 1, 5, 27, parágrafos 19 e 20, e demais concordantes do Estatuto de autonomía, defendan a identidade de Galicia e os seus intereses, a súa lingua, a súa cultura e, en xeral, a galeguidade entendida comovínculo histórico dos galegos de dentro e fóra de Galicia”.

Con todo, e a pesar de apelar á lingua, á cultura e á galeguidade, case a totalidade destas axudas van para as grandes familias mediaticas de Galicia que publican en español, e delas quedan excluídas practicamente os medios en galego. Así, o grupo Voz, que recibe axudas por triplicado ao seu xornal en papel, o seu xornal dixital e a súa radio e Prensa Ibérica (Faro de Vigo e La Opinión de A Coruña), son os grupos máis beneficiados. Síguelles o grupo El Progreso (El Progreso de Lugo, Diario de Pontevedra, Galiciae e Axencia Galega de Noticias), o grupo La Región (La Región de Ourense e Atlántico Diario) e o Grupo La Capital (El ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e DxT). 

Tamén Editorial Compostela (editor de El Correo Gallego, Radio Obradoiro e Correo TV) sempre foi un dos máis beneficiados, aínda que agora ten que facer fronte a débedas financeiras pola súa mala situación económica. Ademais dos medios tradicionais galegos reciben anualmente importantes axudas grupos como o ABC, El Mundo, Intereconomía, a Cadena Cope ou a Cadena Ser, entre outros.

A nova liña de axudas da Xunta distribuirá 1.255.000 euros para xornais en formato papel, 266.400 euros a empresas radiofónicas e 153.600 euros a empresas xornalísticas que difundan a súa actividade informativa mediante internet, que soen ser, na maioría dos casos, as divisións dixitais dos grandes medios en papel.

4,2 millóns de euros da Secretaría Xeral de Medios e case 17 millóns de toda a Xunta

Esta é a terceira gran convocatoria de axudas da Secretaría Xeral de Medios que, con esta, xa suma 4,2 millóns de euros para propaganda institucional en 2017 e 2018 e case 17 millóns, con esta última convocatoria de axudas, no conxunto dos departamentos da Xunta. Así,  no Acordo marco para o servizo de elaboración, producción e plan de medios de campañas institucionais da Xunta de Galicia en datas relevantes para a Comunidade Autónoma nos anos 2017 e 2018, a Xunta  destina 1.720.000 euros con IVE.  Entre estas campañas están “dúas principais” no 25 de xullo, Día de Galicia ( no ano 2017) e no 17 de maio, Día das Letras Galegas ( no ano 2018). Tamén outras campañas menores sobre datas sinaladas e de alcance institucional a definir pola administración.

O outro acordo marco é para un servizo de elaboración das creatividades necesarias para o desenvolvemento de distintas campañas de comunicación e institucionais da Xunta de Galicia 2017-2018. En total,  950.000 euros con IVE. Neste caso, o importe deste concurso triplica a cantidade destinada no bienio anterior que foi de pouco máis de 200.000 euros.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 10 comentarios

4 abeancos

Un partido político que está nun goberno destina 1.675.000 euros para promover a “liberdade de prensa”! Non estará equivocado o verbo promover?. Non será comprar?.

3 urco

Se isto nom eh corrupçom, que baixe Pablo Crespo ou Marcial Dorado e o veja.

2 Sara

Pues me parece muy bien.Todos tienen derecho a recibir ayudas, o es que solo se le puede dar al sector lácteo o similares. Trabajadores somos todos.....

1 argumentação de estadista

Mira que chamaron da Bloomberg porque querem levar-te falar num simposio, que se nota no teu comentario que sabes muito do tema e tés claras as ideias

2 Puf

jajaajajajaja si oh esta si que sabe do que fala miña nai como está o patio. tousiño con velosidade

3 Kollontai luguesa

O incrible e que o comentario poderia semellar ironico ou mesmo unha trollada, pero coñecendo aos ninistas da rama de dereitas ou da da seudoesquerda ata pensas que o di en serio. A ver se encima estuda xornalismo porque a min non me queda nada xa por ver. Que halturaza argumentativa.

4 Ferrolano

Pues mejor en castellano que no en el portugués muertos de hambre

1 Bufffito

Neste tipo de novas vese dpm que este medio é moi de esquerda. E se ve porque a xente de esquerdas polo xera destaca polos malos instintos: as dúas características mais destacadas da esquerda son a envexa do que ten mais ca un, e o odio ao que ten mais ca un por non poder ter tanto. En lugar de analisar o defecto do animail, o porqué un ten menos, odio e envexa a quen ten mais. Hai que facelo mirar...

1 Juzgadodeguardia

Buffito. Te tienes que mirar ese estigma que tienes tu con los de la izquierda. El que la derecha tenga siempre más que la izquierda (y es curioso) no tiene que ver con una crítica a un reparto de dinero público absolutamente denigrante y que es de juzgado de guardia. ¿O tú también defiendes que uno tenga más que otro porque se le da dinero público a toneladas al uno y no al otro sin reglas establecidas?. Acaso defiendes que con mi y tu dinero, el dinero de todos, se haga rico a unos pocos para que defiendan y coloquen, después, en grandes empresas a esos mismos que le dan dinero robado de todos?. No se trata de izquierdas o derechas, se trata, de que es un robo a mano armada consentido por la ley y, curiosamente, siempre está la derecha implicada.

2 Kollontai luguesa

Déixao ho, se é moi divertido. Nada hai máis divertido que un dos que apanda coa socialización das perdas defendendo a privatización das ganancias... Máis ben é traxicómico. Déixolle uns versos de Bretch a ver se se culturiza algo e deixa de pensar que coma é máis listo que os demais vai pillar a lúa só co seu talento... "El joven Alejandro conquistó la India. ¿El sólo? César venció a los galos. ¿No llevaba consigo ni siquiera un cocinero? Felipe II lloró al hundirse su flota. ¿No lloró nadie más? Federico II ganó la Guerra de los Siete Años. ¿Quién la ganó, además? Una victoria en cada página. ¿Quién cocinaba los banquetes de la victoria? Un gran hombre cada diez años. ¿Quién paga sus gastos?" Por certo, non se escribe "e se ve", senón "vese"... A ver se aprendedes a usar os pronomes. Tamén vai unha cancionciña... Todo sexa por culturizalos! https://www.youtube.com/watch?v=kRz...