Adega denuncia os danos causados pola industria do eucalipto no Castro da Rilleira

Critica o "deixamento" da Xunta na "protección do patrimonio", xa que esta zona xa sufriu danos o pasado ano.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 08/05/2017 | Actualizada ás 19:41

Comparte esta noticia

A asociación ecoloxista Adega e Mariña Patrimonio presentaron unha denuncia polos "posibles danos" ocasionados no xacemento arqueolóxico do Castro da Rilleira, situado no municipio lugués de Barreiros, debido aos traballos forestais realizados na zona por parte da industria do eucalipto.

Danos causados polos eucaliptos no Castro da Rilleira, en Barreiros
Danos causados polos eucaliptos no Castro da Rilleira, en Barreiros | Fonte: Ramón Becerra

As entidades alertaron de que "hai exactamente un ano" se produciu a plantación de eucaliptos "noutra parcela deste mesmo castro" sen que, ata o día de hoxe, recibisen ningunha resposta por parte da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galicia.

Nesta ocasión, unhas "tarefas forestais" levadas a cabo na zona do xacemento afectaron "gravemente" a algúns elementos, "deixando á vista en toda a superficie abundantes restos arqueolóxicos".

Nelas empregouse "maquinaria pesada", deuse apertura a unha pista que cortou "o parapeto", arrincaron as raíces dos vellos eucaliptos e realizáronse perforacións no chan para plantar novas árbores.

"Unha vez máis vemos como a industria do eucalipto actúa con total impunidade e con absoluto desprezo polo noso patrimonio ao danar un xacemento arqueolóxico catalogado e protexido", denuncian as asociacións.

E é que, como sinalan, o Castro da Rilleira ten unha "gran significación histórica" ao tratarse do lugar onde, supostamente, se asentaron os cibarcos, unha tribo galaica que aparece reflectida nas obras do historiador romano Plinio O Vello.

PIDEN Á XUNTA QUE ACTÚE

Por tanto, Adega e Mariña Patrimonio reclaman á Xunta de Galicia, en concreto á Dirección Xeral de Patrimonio, a "asumir a súa deber de protexer" o patrimonio galego, á vez que insta o Executivo autonómico a "actuar contra unha industria irresponsable que, por uns centos de eucaliptos, é capaz de destruír un importante ben cultural".

"Unha vez máis vemos a total desconexión entre Medio Rural, Patrimonio e a industria forestal e unha vez máis veremos o deixamento por parte da Xunta de Galicia que, despois desta denuncia, de novo empezará a buscar escusas para non actuar en contra da todopoderosa industria do eucalipto", incidiron.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 atentandos ecoloxicos sin fin

Tamen vai estoupar o tema do rally de Ourense da ocupación do parque xardin do posio o mais grande de Ourense durante días e días, neste xardin esta un aviario, con pavos reais e outras aves como ocas e parrulos moi delicados, acabaran acaso debaixo das rodas dos coches??? ADEGA-denuncia!!!! - señores e podreiros defendendo os alcaliptos, onde imos parar coa xente do podreiro, soamente defende expaña son expaña ladroecio!!!! o trampabus pasa con mais pena que gloria... todo e falar de mandriles, falan en andalusí cando vas o sitio e non dan nada ningún monedeuro... son un-ha vergonza!!!