Valdeorras promociónase nunha das feiras enolóxicas máis importantes

Tanto a Denominación de Orixe como cinco das adegas máis relevantes da comarca acuden a Ciudad Real para participar en Fenavín.

Por GC Tendencias | O Barco | 10/05/2017 | Actualizada ás 13:19

Comparte esta noticia

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras e cinco bodegas da comarca (Rebolledo, Valdesil, Virxe de Galir, A Coroa e Cooperativa Jesús Nazareno) participan estes días en Ciudad Real no prestixioso foro especializado Fenavín, unha das feiras de referencia do sector vitivinícola en España. Fenavín 2017 abriu as portas hoxa e prolongarase ata o vindeiro día 11.

Viños de Valdeorras en Fenavín
Viños de Valdeorras en Fenavín

O Consello Regulador promocionará referencias de viño xenérico no espazo común que compartirá nesta feira con outras denominacións de orixe vinícolas galegas e as bodegas, pola súa banda, terán espazos expositores propios. 

O presidente do Consello Regulador, Francisco García, destaca que a participación en Fenavín constitúe “un paso máis na estratexia promocional deseñada desde o organismo para dar a coñecer os viños valdeorreses a diferentes públicos especializados e, tamén, aos consumidores finais”. García lembra que as accións promocionais son “imprescindibles” para “fortalecer” a imaxe dos brancos e tintos de Valdeorras e incrementar o seu posicionamento en diferentes mercados.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta