Todos os detalles da manifestación do 17 de maio

A plataforma cidadá Queremos Galego convoca a que prevé “ multitudinaria manifestación” para mañá. Os defensores do idioma propio do país acudirán de novo un 17 de maio a Santiago de Compostela, desta volta baixo o lema “en galego sen límites”.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 16/05/2017 | Actualizada ás 22:12

Comparte esta noticia

De feito, durante a manifestación e no acto final recolleranse sinaturas de apoio á Iniciativa Lexislativa Parlamentar para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico, que leva meses promovendo a Mesa pola Normalización Lingüística.

Manifestación de Queremos Galego o 17 de maio en Compostela
Manifestación de Queremos Galego o 17 de maio en Compostela | Fonte: EP

No que é referido a organización da marcha, a saída da manifestación está prevista para as 12:00h desde a Alameda e chegará até a Praza da Quintana arredor das 12:30 horas.

A duración prevista do acto é de 40 minutos

O acto na Praza da Quintana, que durará algo máis de media hora, será conducido pola actriz Isabel Risco. Está prevista a actuación dos regueifeiros Bieito Lobariñas e Josiño da Teixeira. Actuará tamén a cantora Belén Tajes e a interpretación final do himno galego decorrerá a cargo dos gaiteiros Antilomce.

O acto será protagonizado por persoas representativas de diferentes sectores onde existen evidentes limites para empregar o galego con toda normalidade: o actor e director de dobraxe Miguel Pernas, a estudante Karina Pereira Rei, a avogada Guadalupe Vidal, a Membro do Comité de empresa de Eurocen Patricia Cordo e o profesor de matemáticas Cibrán Arxibai. 

Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua
Manifestación de Queremos Galego a prol da lingua | Fonte: queremosgalego.com

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 14 comentarios

4 Camelo

O día da farlopa, jachís e marijuana chega a Compostela

3 Fartodalingua

Una aquelarre lingüístico para mayor jloria de la lengua propia de la mitad de los gallegos. El país, afortunadamente, no tiene lengua porque las regiones no hablan. Los ciudadanos sí y la mitad de los gallegos no tiene interés en gritar por las calles de mi querido Santiago, que como siempre, quedará lleno de la mier da que esos provincianos no tienen reparo alguno en dejar en la ciudad ¿Por qué no se van a berrear a Lugo, o a La Coruña? O mejor aún, a Vigo que queda más cerca de Portugal y así pueden hablar el portugueseiro ese que algunos adoran. Si no les gusta España y el español, que se vayan a Portugal.

1 nostrus

"la mitad de los gallegos no tiene interés en gritar por las calles de mi querido Santiago". Bueno, yo creo que son muchisimos menos de la mitad los que no tienen intencion de gritar, yo incluso diria que los que gritan son una mini-minoria, pero eso si, muy escandalosos. Los demas gallegos nos tomamos el dia de fiesta indistintamente de la lengua que hablemos.

2 Antinostrus

Este FartodelínguaNostrus adebece polas dobres identidades- des que non é quen de sacar o Primeiro da ESO - (bilinguismo; bicefalia; bimercenario; bioligofrenico; bicipaio e bimononeuronal) en contrapestación ás súas denodadas pesquisas por saber a quen lle tén que levar o agasallo o dia do Pai..........todo por nacer no Cortello da Porca da súa Nai e ser confundido cunha ca ga lle ta pombaleira.....pasa para a Maseira malandro acerebrado!!!!.

3 teutonio

O país Galicia non ten lingua, e iso que aquí desde hai séculos se falou galego, como o nome do pobo que vive no seu territorio, que curiosidade!, e síntocho, o estatuto ou o Tribunal Constitucional discrepan ca túa opinión

4 nostrus

teutonio, a lingua de Galicia será a que os seus habitantes utilicen, nin mais nin menos. No século V cando estaban os suevos....¿cal era a lingua desta terra?, ¿onde estaba o galego?, no século XXI, ¿cal é a realidade lingüisitca de Galicia? o bilingüismo entre galego e español e o resto son parvadas

5 teutonio

A realidade do país é moi complexa, en Galicia fálanse moitas linguas, o wolof, o árabe e bereber, o rumano, o crioulo caboverdiano, etc. outra cousa é que segundo a lexislación vixente so haxa 1 propia e 2 oficiais.

2 Organiza ti

Que traballen e organicen os do BNG que xa imos nos a tirar a foto en primeira linea.

1 comunista independentista

Organiza e traballa a Plataforma Queremos Galego, non o Bloque. Deixade de instrumentalizar o traballo colectivo.

1 Abrairas

Agardemos que a UPG non queira capitalizar un acto unitario

1 Kollontai luguesa

Agardemos que non queria capitalizalo ninguén porque por exemplo, quen capitalizou e ben as manifestacións da Marea Negra en Ferrol? Sigo dando exemplos... Pois mellor non me saques a falar. E que non podedes estar en algo xuntos sen ter que desfacelo dende o inicio e sementar odio e desconfianza. Equivocádesvos de inimigos, aínda que ben sei que vos é proveitoso electoralmente de cara a pescar no caladoiro socialista. E que todo vos vale? Deixade a miña lingua en paz e facede algo positivo en común.

2 Kollontai luguesa

Agardemos que non queria capitalizalo ninguén porque por exemplo, quen capitalizou e ben as manifestacións da Marea Negra en Ferrol? Sigo dando exemplos... Pois mellor non me saques a falar. E que non podedes estar en algo xuntos sen ter que desfacelo dende o inicio e sementar odio e desconfianza. Equivocádesvos de inimigos, aínda que ben sei que vos é proveitoso electoralmente de cara a pescar no caladoiro socialista. E que todo vos vale? Deixade a miña lingua en paz: non a usedes para as vosas politquerías nin uns nin outros e facede algo positivo en común.

3 nostrus

"Deixade a miña lingua en paz" luguesa, ¿ti só tes unha lingua?, ¿acaso para querrerlle a teu pai tes que ignorar a tua nai?. Eu defendo o bilingüismo e non preciso renegar de nada, pero no teu caso podes facer o que che dea a gaña. O biligúismo é a realidade e a identidae de galicia.

4 Kollontai luguesa

A miña lingua si. A que oin nos labios de miña mai e de meu defunto pai. A outra e a miña segunda lingua moi querida e amada pero non na que me falaba meu pai que faleceu antes de eu poder chamalo. Se ti non entendes isto.. Non teño mais que dicirche. A miña e a de todos meus antergos dos que estou moi orgullosa. Axudame a defendela e crerei que ti es bilingue coma min.