Lalín retira unha placa franquista da súa igrexa parroquial a petición do párroco

O monumento honraba ao fundador da falanxe, José Antonio Primo de Rivera, e a os caídos no alzamento militar do 36.

Por Galicia Confidencial | | 19/05/2017 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

Lalín súmase aos concellos que queren cumprir a Lei de Memoria Histórica. Este xoves, membros da brigada municipal de obras quitaron da parede da igrexa parroquial unha placa falanxista que levaba alí máis de 70 anos.  E o fixo, curiosamente, a petición do seu párroco, Marcos Torres.

Retirada dun símbolo franquista na igrexa parroquial de Lalín a instancias do cura párroco
Retirada dun símbolo franquista na igrexa parroquial de Lalín a instancias do cura párroco | Fonte: Concello de Lalín

Este elemento que honraba ao fundador da falanxe, José Antonio Primo de Rivera, e aos caídos no alzamento militar do 36. “Coa súa eliminación non facemos outra cousa que cumprir a lei dándolle absoluta normalidade a algo que non tiña que ter sucedido a través dun exercicio democrático que permitirá erradicar de Lalín un elemento de exaltación franquista que nunca debería ter estado aquí”, suliñou o  concelleiro de Obras, Francisco Vilariño.

Ademais, explicou que con este acto simbólico “rachouse con moitos anos do que supoñía un insulto para as vítimas do franquismo e para as súas familias” e engadiu que “dende o Goberno local se ofrecen todos os medios á cidadanía para retirar de espazos non municipais calquera simboloxía falanxista e do franquismo”. Finalmente agradeceu “profundamente” ao párroco, Marcos Torres, a súa iniciativa para que a placa de exaltación falanxista deixe de verse na igrexa de Lalín.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Antinostrus

Xa estará o Mononeuronal do Nostrus (et all) revolvéndo-se na súa Cochiqueira Natal por esa "falta de respecto" a unha boa parte dos galegos que, coma el, colaboraron e colaboran co Ministerio Español do Asoballamento ao Diferente...... a cambio d e vinte e nove pu tos Denarios de mer da.....Miserabel Malandro!!!.