Por GcToday | Vigo | 21/05/2017 | Actualizada ás 10:00
A alarma inicial veuse reducida cando o primeiro berro foi seguido de “En reintegrata, noooooooooooooo!” momento no que a veciñanza xa se deu conta de que os berros poderían proceder da vivenda de Gloria Lago. A tanquilidade retornou ao vecindario pero pouco durou xa que, 20 minutos despois, outro grito lastimeiro saiu da súa vivenda ao comprobar que o representante do estado español cantaba en inglés.
“Anda adoecida”, comentan os veciños, “non soamente gañou a canción de Portugal senón que España quedou de última. Hai quen di que ata espumeaba pola boca”.
Segundo informan fontes confidenciais, Galicia Bilingüe, a asociación supremacista da que é presidenta Gloria Lago, ten previnsto emitir un comunidado no que amosará a súa indignación porque “se permita cantar en reintegrata en el festival de Eurovisión” e tamén protestará porque o representante de España utilizara o inglés na súa canción. “Nos hundieron la Armada Invencible invocando tormentas y al kraken! Y se lo agradecemos cantando en su dialecto?”.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.