Carlos Casares baixo o prisma de Paco Rodríguez

O ex-deputado Francisco Rodríguez, se cadra o maior referente ideolóxico vivo para a UPG e o BNG, publicou a súa visión de Carlos Casares. Lonxe dos moitos panexíricos publicados ao fío do recente Día das Letras Galegas, o ex-deputado pinta un perfil con bastantes críticas de quen fora deputado do PSdeG.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/05/2017 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

Ao escritor recoñécelle o mérito de ser un dos pioneiros en introducir a lingua galega no ensino medio, circunstancia pola que se gañou non poucos problemas co aparato franquista. Rodríguez, nun artigo en Terra e Tempo, cre que nas celebracións deste ano este dado foi obviado e censurado coa finalidade política de remover a polémica ao redor das linguas no ensino.

Carlos Casares
Carlos Casares

No seu perfil, o ex-líder da UPG vencella a Casares co fraguismo por ter aceptado daquela a presidencia do Consello de Cultura Galega. Tampouco lle perdoa que como articulista denunciara en varias ocasións a suposta radicalidade dos postulados ideolóxicos e lingüísticos do nacionalismo de esquerdas.

Sobre a súa traxectoria, Rodríguez escribe que “esta acomodación sería respectábel se non o conducise a compromisos políticos que o levaron, nalgunhas ocasións, a ser agresivo, ironicamente desprezativo e mesmo partícipe de decisións que non se acomodan cun espírito intelectual demócrata , simplemente galeguista e liberal, da liberdade da conciencia e do pensamento, respecto de marxinados, perseguidos ou represaliados por defenderen  e usaren o idioma do país, ou simplemente polas súas ideas”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 50 comentarios

11 bautista do unto

A quen lle importa Paco Rodriguez, fóra dos da secta UPG-CIG?

10 Gallego

La opinión del jefe de la UPG es casi inocua, a no ser para marcar el correcto camino a sus disciplinados proselitos. Pero si estuviéramos en regímenes como Corea del Norte, o la Camboya de Pol Pot, que son el referente de la dirigencia upegalla, semejante dictado implicaría la reclusión perpetua, como mínimo, de la familia de Carlos Casares en un campo de reeducación, y la eliminación de cualquier referencia a su obra en todo texto escrito existente en Galicia.

1 fascio

Vencido y desarmado, el ejército... zzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzzz

9 BNG sipaios

Paco Zarzuelas afirma que Carlos Caseres votou a expulsión dos deputados do BNG do parlamentiño, certo. Tan certo coma que o propio Paco Zarzuelas purgou militantes comunistas (PCLN) e delatou independentistas (membros da INTG militantes da APU) ante as forzas represivas españolas. Diso tampouco se fala.

1 Ana

Certo, e non esquezas o Ferrín perseguidor de reintegratas. E o Beiras escachou, coas súas delicadas mans, unha mesa do PCLN na praza do Toural (normal que tamén o esqueceras!).Tanto patriota que precisa impoñer e reprimir xa abonda. Seguramente é por desconfiados, nin eles acreditan nas bondades da fé que predican.

8 anonimo

Paco rodríguez é coma o Papa para os católicos, Mahoma para os musulmáns, ou Mao para os maoístas: non se pode poner en dúvida o que el diga, e os seus atacantes compren ser eliminados.

7 Era visto

Entrei aqui a ver se viña un artigo atacando a Paco Rodríguez e bingo!!! Que malísimo o malo da UPG lembrando que Casares expulsou os deputados que se negaron a xurar a constitución. Se todo o mundo sabe que Fuera de la Constitución nada, dentro de la lei todo. Casares sempre foi dialogante mesmo cando te atacaba. Sectaria UPG e sectario BNG malo maloso. Ademais en ghallegho do pueblo tamén se di Orense. A callar hombre

1 Failde

E o máis ridículo é que trileiras --pensaba colocar troleiras, o corrector mudou e pensei que tamén serve a palabra--, como Kollontai Luguesa, defenden como feras a suposta mesura e cordialidade dos que recurriron contra a Lei de Normalización Lingüística, de quen usou as tribunas de La Voz de su Amo para defender o sistema e rirse do nacionalismo galego, do intelectual que se vendeu ao PSOE para maquillalo de galeguista e fixo boas migas con Fraga... Oportunista, entregado, vendido, ao servizo do poder: a figura política a reverenciar polos que triunfaron! E, claro, as Mareas de Podemos son malísimas, por traidores, e Casares foi un grande ideólogo, xunto con Ramón Piñeiro. E non lle levedes a contraria, que a Kollontai contesta por triplicado...

2 Kollontai luguesa

E que temos que dicir: amén ou hallellujah? Un artigo de Paco Rodríguez criticando o tratamento haxiográfico da figura de Casares é convertido nun "medio" en reclamo para polemistas varios (entre as que me inclúo, aínda que tentarei poñer remedio) e medio de soltar as xenreiras varias e diversas das múltiples tribus que habitan aínda hoxe e sen sabelo quizais por este lugar chamado Galicia. Pensei que o Día das Letras Galegas era para celebrar, aínda que só fose un día a literatura en galego... Equivoqueime. Aquí non se pode facer nada en común, se non está aplaudido por unha das "capilliñas" diversas. Sabedes o que vos digo: adeus.

3 Kollontai luguesa

Estou farta de vós e as vosas liortas, de piñeiristas e antipiñeiristas, de seitarios varios que viven da sopa boba, de demagogos diversos aspirantes a vivir de canonxías, de poetas mediocres elevados aos altares por pensar da maneira axeitada para algunha das camarillas, de novelistas de prosa relamida, de xornalistas que farían arrubiar ata o propio Kane da película de Welles... E sabedes o que vos digo: facede o que vos pete e deixádenos en paz aos que queremos vivir respectando a todos. E déixovos un poema de despedida dun dos mellores poetas, senón o mellor da posguerra, chamábase Miguel Labordeta: http://trianarts.com/miguel-laborde... Dades pena, uns e outros. Algúns nin o saberedes e outros... Seguramente tedes intereses máis crematísticos e/ou fobias varias.

4 Kollontai luguesa

Por se non o sabedes Miguel é irmán doutro gran home, coherente e honesto coma poucos deu esta Iberia nosa: https://www.youtube.com/watch?v=Jad... Aquí tamén algúns controlastes o nacionalismo e a seudoprogresía toda a vida e o que vos molesta é que outros opinemos. Pois saberedes de nós, dos que queredes calar!

5 Kollontai luguesa

E por certo, a min que non me veñan dando leccións persoas que apoian nunha comunidade o contrario que noutras: https://twitter.com/ciudadfutura Anda, que estades para andar dando lecionciñas algúns e reclamando coherencia! En verdade pensades que somos parvos. Moito criticar a Casares e a Paco Rodríguez e moi pouco aos "vosos" ou aos que nalgunha ocasión foron vosos porque os apoiastes. E por certo, a min tamén me gusta a zarzuela, non tanto coma a ópera pero si. Pasa algo? Pois iso coma cantan en Doña Francisquita "Por el humo se sabe donde está el fuego". Que, Failde, comentas a foto do do cirio? Non porque é moito máis fácil atacar a Casares e de paso a Paco Rodríguez... Algúns non tedes límites nin coñecedes a palabra vergonza. Agora si que acabei de dicir o que vos tiña que dicir. Que vos vaia ben! Xa o di o refrán "reunión de galegos, ano de fame", pois iso que mellor traballar que andar dinamizando blogues ou discutindo con talibanciños.

6 Kollontai luguesa

O twitt que quería enlazar era este... Aínda que non está mal botarlle unha ollada a todos, malia que eu non coincida en certas cuestións con Arnau é un intelixente analista da realidade e cunha gran capacidade para poñer de relevo as miserias do ninismo da rama de centro-esquerda. https://twitter.com/ciudadfutura/st... Así que atendendo ás recomendacións que me fixeron xa nalgún deses amables comentarios vosos voume dedicar a viaxar por Galicia e a ler máis.

7 Kollontai luguesa

En verdade, é moito máis interesante ler a Arnau, por exemplo que non perder o tempo aquí con seitarios galegos en "reunión"... Ou sexa as patéticas gallegadas de café da seudoesquerda de toda a vida con "envalentonados" brabucóns de "boquilla", porque visto está que se dedicarades algo do tempo que perdedes en atacar a Francisco Rodríguez e/ ou a Casares en gobernar as vosas cidades rebeldes e en facer propostas nos Parlamentos español e galego mellor nos iría a todos. A ser felices que con sorte ao mellor a algún vos nomean asesoriño de algo... Visto o nivel dalgúns non sería sorprendente, senón esperable. E aos do bloque non vos viría mal disentir máis porque os tempos cambian e aínda non pillastes o ritmo dos cambios. Ben está ser críticos, pero o hipercriticismo é moitas veces unha forma de parálise e de sebe invisible que separa da realidade. Ciao.