Carlos Casares baixo o prisma de Paco Rodríguez

O ex-deputado Francisco Rodríguez, se cadra o maior referente ideolóxico vivo para a UPG e o BNG, publicou a súa visión de Carlos Casares. Lonxe dos moitos panexíricos publicados ao fío do recente Día das Letras Galegas, o ex-deputado pinta un perfil con bastantes críticas de quen fora deputado do PSdeG.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 24/05/2017 | Actualizada ás 18:34

Comparte esta noticia

Ao escritor recoñécelle o mérito de ser un dos pioneiros en introducir a lingua galega no ensino medio, circunstancia pola que se gañou non poucos problemas co aparato franquista. Rodríguez, nun artigo en Terra e Tempo, cre que nas celebracións deste ano este dado foi obviado e censurado coa finalidade política de remover a polémica ao redor das linguas no ensino.

Carlos Casares
Carlos Casares

No seu perfil, o ex-líder da UPG vencella a Casares co fraguismo por ter aceptado daquela a presidencia do Consello de Cultura Galega. Tampouco lle perdoa que como articulista denunciara en varias ocasións a suposta radicalidade dos postulados ideolóxicos e lingüísticos do nacionalismo de esquerdas.

Sobre a súa traxectoria, Rodríguez escribe que “esta acomodación sería respectábel se non o conducise a compromisos políticos que o levaron, nalgunhas ocasións, a ser agresivo, ironicamente desprezativo e mesmo partícipe de decisións que non se acomodan cun espírito intelectual demócrata , simplemente galeguista e liberal, da liberdade da conciencia e do pensamento, respecto de marxinados, perseguidos ou represaliados por defenderen  e usaren o idioma do país, ou simplemente polas súas ideas”. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 50 comentarios

6 anonimo

Efectivamente, Paco Rodríguez e o ideólogo da UPG. Ainda que hai grupos bastante mais a esquerda ( e condenados, polo tanto, á marxinalidade e a facer panfletos cada vez mais histéricos), cada vez que o oráculo de Canido se pronuncia, os seus fieis, xeonllo en terra, leen moi despacio as súas arengas.

5 anonimo

Casares foi un excelente escritor. Non era da UPG, e, xa que logo, xa que non puido ser mandado a un campo de concentración por dereitista reaccionario ou antirevolucionario,( se as circunstancias históricas fosen outras, enténdese, se eiquí mandase a UPG e Galicia fose una especie de Albania estalinista) compre marcar a liña ideolóxica correcta.

1 Que razón levas

E que como alguén da UPG te retruque algo ou se atreva a matizar nun artigo xa é o mesmo que mandarte a un campo de concentración. Los extremos se tocan y me enfado y no respiro

2 chosco

Tes razón, non era da UPG, vaia novedá. O de excelecente escritor é unha coña? o que si foi un execelente escrivividor...

4 Hipólito

Nada novo. O chamán, ou cacique máximo, da seita upegalla fustigando ao hereje Casares para sinalar o camiño aos seus adeptos. Só eles son galegos puros de raza e traxectoria. Son os elixidos...para pasar á páxina máis negra da historia de Galicia

1 Atólito

Se ademais nada mais que os expulsou jopé que malo como se atreve a disentir da liña feijoniana dialogante. Que razón tedes os oficialistas progrepepeiros.

2 Guillerme Gintonic

Non tan puros Hipólito, olla esta entrevista: http://www.lavozdegalicia.es/notici...

3 Per

O que di este señor foi todo veridico,foi unha magoa o dos tres diputados coherentes sacrificados,esa coherencia non existe hoxe,,,,e o piñeirismo foi e segue sendo un noxento oportunismo,,, ah e é certo que Rodriguez respectaba a Casares.

1 Per

Gamela acerta no seu comentario como tamén acerta Rodriguez sobre Casares,, e é que os partidos(todos) son sectarios por definición xa se sabe que partido ven de parte.

2 Freixo

Uma pergunta, por se alguém ma pode responder: semelha que o senhor Casares foi deputado no primeiro parlamento autoanémico. Que sentiria votando no mesmo sentido que os seus carrascos e caciques de onte, aquando da sua experiência em Viana, em temas como a imposiçom da normativa castelhana ou a expulsom dos deputados do BNG escolhidos de uma maneira tam legítima como el o foi? Agradeceria se alguém me pode dizer algo sobre isto, as suas hagiografias destes dias nom reparam nestes pormenores.

1 pasmado

que che resposte Kollontai ou gamela, el@s son "buen@s" e mesurad@s, amig@s de consensos (salvo coas Mareas de Podemos, con Paco, Caballero ou Ruben "cretino", nestes casos a xenreira tolerase). curioso, os que tanto morden piden consenso. e censura, non remexer no pasado incomodo dos "santos".

2 Gamela

levas razón "pasmado" a xenreira duns activa a xenreira doutros !!! e nese tema Paco é un especialista como ben sabes... e por darlle a Freixo un contexto histórico do 1975 habería que preguntarlle a Paco por que non REIVINDICOU nunca a este home asasinado o mesmo ano (seica non era da súa corda?) http://gamela00.blogspot.com.es/201...

3 per

Gamela acerta no seu comentario como tamén acerta Rodriguez sobre Casares,, e é que os partidos(todos) son sectarios por definición xa se sabe que partido ven de parte.