Temas: VACA

As vacas de fibra de Mazaricos xa teñen nomes oficiais

Marela e Linda serán os nomes que elixiron os nenos deste concello por votación nos seus colexios.

Por Galicia Confidencial | Mazaricos | 29/05/2017 | Actualizada ás 14:43

Comparte esta noticia

As e os nenos de Mazaricos escolleron por votación nos seus colexios os nomes das dúas novas vacas de fibra que estarán enfronte do campo da Picota. Deste xeito, á xa famosa Mazarica, súmanse os nomes de Linda e Marela.

Nenos abrindo o sobre cos nomes das vacas de fibra de Mazaricos; Linda e Marela
Nenos abrindo o sobre cos nomes das vacas de fibra de Mazaricos; Linda e Marela | Fonte: Concello de Mazaricos

“As vacas estarán ubicadas nun lugar ben visible para as persoas que cheguen polo camiño pola variante da Picota, é un xeito de promocionar a gandeiría”, sinalou o alcalde, Juan José Blanco Riveiro. Ademais, engadiu que “están ao principio das novas rutas de sendeirismo do Concello para, deste xeito, darlles visibilidade”.

Para desvelar o resultado da votación e facer parte dunha das novas rutas, o Concello e a asociación cultural Eu Son Mazaricos congregaron aos nenos e nenas do Concello. Eles foron os encargados de abrir os sobres cos nomes e de estrear unha das rutas facendo un pequeno tramo ata Pidre, onde degustaron un biscoito feito para a ocasión. 

Temas: VACA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta