Nova guerra mediática entre La Voz e La Región

O xornal ourensán acusa ao coruñés de “mentir” e pídelle que rectifique tras publicar que os fondos mercados pola Deputación de Ourense xa se poden ver “gratis” na Cidade da Cultura. Xunta e deputacións teñen destinadas inxentes cantidades de diñeiro público aos grandes medios de comunicación.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 01/06/2017 | Actualizada ás 11:53

Comparte esta noticia

La Voz de Galicia e La Región protagonizan a segunda gran guerra mediatica deste ano. Se a primeira fora entre o xornal coruñés e El Correo Gallego a conta da mala situación financieira do segundo, nesta ocasión a polémica está pola venda dos fondos de La Región á Deputación de Ourense por case tres millóns de euros.

Os medios de comunicación tradicionais están sufrindo unha fonda crise
Os medios de comunicación tradicionais están sufrindo unha fonda crise | Fonte: prnoticias.com

É difícil que este tipo de enfrontamentos entre os medios se fagan públicos e, menos, que acaben acaparando tanto protagonismo nas páxinas dos xornais. La Voz leva xa tres días criticando duramente a La Región por ese contrato e, este mesmo xoves, o xornal ourensán contestaba duramente pedíndolle unha rectificación a La Voz por mentir nas informacións ao asegurar que os arquivos vendidos á deputación xa se podían consultar “gratis” na Cidade da Cultura.

“Campaña de acoso”

“La Región ha solicitado al periódico coruñés La Voz de Galicia una rectificación de las falsedades publicadas en su información de ayer, en las que de forma torticera trataba de poner en tela de juicio la compra por parte de la Diputación provincial de Ourense del archivo histórico, con sus derechos de propiedad intelectual, de La Región y de La Región Internacional. El rotativo coruñés, en la noticia titulada "Baltar paga 2,7 millones por una colección ya entregada gratis a la Xunta", realiza una serie de aseveraciones basadas en informaciones inexactas o directamente falsas, con el único objetivo de continuar en su particular campaña de acoso informativo al presidente de la Diputación de Ourense y de cuestionar la validez de la operación realizada por La Región, periódico líder en una provincia en la que el diario de A Coruña tiene dificultades de penetración”, escribe este xoves La Región.

De feito, o xornal ourensán acusa a La Voz de insistir nunha “campaña de acoso” porque o medio coruñés quere implantarse nunha provincia na que non é un referente informativo, como si o é na provincia da Coruña. De feito, La Región tamén suliña que a propia Xunta, “desmentindo á cabeceira coruñesa”, recoñeceu que a Biblioteca da Cidade da Cultura ten en depósito só unha parte da hemeroteca; un depósito que se realizou por motivos de espazo, seguridade e no contexto de procura por parte do diario ourensán dun acordo coa Xunta para a venda destes fondos, semellante ao alcanzado no seu momento pola Administración autonómica e El Correo Gallego. 

Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey
Feijóo e o editor de La Voz Santiago Rey | Fonte: GC

A propia Xunta de Galicia leva investidos desde 2012, e en compras sucesivas en 2013, 2015 e 2016, case 800.000 euros en adquirir fondos documentais do grupo de comunicación compostelán. Unha situación que, non obstante, non reflicte La Voz de Galicia nas súas informacións.

Baltar, na polémica

La Región mesmo se fixo eco de declaracións de José Manuel Baltar sobre as informacións de La Voz. “Determinadas cuestións que veñen saíndo son falsas, deberían contrastar, un principio básico, e falar con quen hai que falar. Esta operación, pola que se adquire non só a parte física, senón os dereitos de propiedade intelectual, lévase xestando anos. A Deputación perseguíao e logramos facer realidade que poidamos ser os ourensáns, esta Deputación, os propietarios. É un patrimonio que representa a historia da provincia, dun medio exclusivamente ourensán. O noso papel é ser titular dunha cuestión de indiscutible interese”, subliñou.

Con todo, a polémica continúa, porque, lonxe de rectificar, La Voz de Galicia publica outra nova este xoves na que apunta, agora, a que a compra dos fondos de La Región non inclúen a súa dixitalización, que terán que ser abonados con fondos públicos. 

“Al presidente de la Diputación le preguntaron por el hecho de que 46 años de la colección ya hayan sido digitalizados por la Biblioteca de Galicia. «Se xa hai algunha parte que está dixitalizada, pois moito mellor porque serán cartos que se aforre a Deputación», dijo Baltar, que explicó que «todavía» no dispone de una estimación del coste que pueden tener esos trabajos”, recolle La Voz.

Guerra con El Correo

Hai uns meses La Voz publicaba as débedas que tiña El Correo Gallego logo da decisión do xornal santiagués de deixar a súa histórica sede no centro da cidade para trasladarse a un polígono industrial. Unha información que provocou a resposta de El Correo que publicou outra reportaxe na que falaba das débedas do Grupo Voz coa súa televisión e os problemas internos xurdidos nos cambios posteriores.

E hai xa tres anos a polémica a protagonizaban La Voz e o Faro de Vigo, ao denuncia o primeiro que o segundo era o gran benefiado das axudas institucionais --sobre todo en materia de publicidade-- do Concello de Vigo.

Fondos públicos para medios

O uso de fondos públicos para axudar aos grandes medios é algo recorrente. De feito, e segundo as fontes consultadas, as críticas entre medios teñen lugar "cando un medio cre que sae prexudicado dun reparto de diñeiro público ou non se ve satisfeito coa publicidade que lle dan porque considera que, pola súa relevancia, debe de levar máis".

Ademais de La Región e El Correo, tamén  La Voz de Galicia ten recibido importantes axudas da Xunta. Así, desde o 2008 ata o 2010, La Voz de Galicia recibiu máis de 2,9 millóns por compoñer e maquetar o DOG. O diario de Santiago Rey gañou o concurso co bipartito, en 2007, ao presentar a única oferta. Previamente fora El Correo Gallego quen se encargaba de imprimilo. Durante eses anos unha ducia de traballadores contratados 

Por outra banda, en 2010 –xa co goberno de Feijóo--, La Voz xa recibira 2,2 millóns de euros, a través de Galicia Editorial S.A. (GAESA) –entidade da que controlaba o 98% das accións--, para mercar unha nova rotativa. La Voz de Galicia S.A.  

Máis recentemente foi El Correo Gallego o beneficiado pola Xunta. A Consellería de Cultura adxudicoulle o 12 de decembro de 2016 un contrato negociado sen publicidade co obxecto de “adquisición de fondos históricos procedentes da hemeroteca histórica da Editorial Compostela S.A.”.

Tamén durante o bipartito a Consellería de Industria -que entón xestionaba o BNG- concedeu axudas a El Progreso e a Editorial Compostela (El Correo Gallego) para a súa modernización. Daquela a cantidade non superou os 12.000 euros.

Oscar Outeiriño, propietario de La Región, con José Manuel Baltar
Oscar Outeiriño, propietario de La Región, con José Manuel Baltar | Fonte: Deputación de Ourense
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 dendeaburga

A cousa debe ter máis transfondo. Non é unha guerra de periódicos, é a guerra de Feixoo contra Baltar