Temas: OKUPA EN MAREA

En Marea anuncia mobilizacións para denunciar a criminalización do colectivo okupa

A formación considera que o PP quere crear un clima de alarma.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/06/2017 | Actualizada ás 18:22

Comparte esta noticia

En Marea mobilizarase para denunciar a criminalización e as actuacións “brutais e antidemocráticas” contra os cidadáns e os colectivos que apoian o movemento okupa logo do acontecido tras as protestas polo peche dun local social en Santiago de Escárnio e Maldizer. 

Máis de 500 persoas na mobilización en apoio da okupa do Escarnio e Maldizer
Máis de 500 persoas na mobilización en apoio da okupa do Escarnio e Maldizer | Fonte: iria méndez

Así, e tras a detención de nove persoas vinculadas ás protestas das últimas semanas, En Marea suliña que respalda aos colectivos cidadáns que promoven o debate sobre a “necesaria utilidade social da propiedade, concepto por outra banda recollido non só no noso ordenamento xurídico senón en numerosos tratados internacionais”.

“Os que actúan de xeito incorrecto son os que pretenden criminalizar ideas, como as que defende o colectivo Escarnio e Maldizer; os que pretenderon crear un ambiente de alarma social contrario a que se puidesen exercitar os dereitos fundamentais de reunión ou manifestación; os que impiden informar libremente e amordazan á prensa, e os que se exceden no uso da forza poñendo en perigo a integridade física das persoas para protexer bens de menor valor”, indican nun comunicado.

Neste sentido, asegura que está contra a lei mordaza, a represión e as limitacións de dereitos. “Neste momento o PP só pretende criar unha cortina de fume para criminalizar unha manifestación que se celebrou sen ningún tipo de incidentes en algo que tape a súa trama de corrupción”, indica.

Temas: OKUPA EN MAREA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

1 PRG

¿Criminalizar? Que non se corten oh. Que digan que están a favor de que os flower power okupas danen escaparates de comercios e caixeiros automáticos.

1 kRvY

Xa estamos a falar sen saber, houbo queixa dalgún veciño? Que se danou? A protesta foi PA CÍ FI CA que quede ben claro, que actou mal foron os policías que cumplían ordes para facer disto unha excusa para rañar votos trala manipulación nos medios amigos, pregúntalle o colexio de xornalistas? despois queixámonos das hipotecas, do capital, dos políticos... e cando se sae a rúa a defender os intereses do pobo salen os hipócritas coma tí. Agardo que Villares non siga decindo as chorradas que dixo ata agora sobre o tema.

2 Prg

Que fino e sutil es con eses argumentos persoais ¿Pero ti que me estás contando? ¿Seica che viu o demo ou que? ¿Os danos nos comercios fixoos a policía? Porque so che faltou dicir que foron de falsa bandeira. E as pallas mentais de redentor do mundo todas pa ti.

3 Balbino

Apaga a televisión prg en serio está contaminada, acude os sitios e tira as túas conclusións, o único que houbo l alí foi porrazos e golpes de maneira desmesurada a unha xente que protestaba de maneira pacífica. Se empregarán as mesmas forzas en peraeguer defraudadores, terroristas e ladróns que vén estariamos.