Por Galicia Confidencial | Compostela | 21/06/2017 | Actualizada ás 09:00
Esta fin de semana tivo lugar a cerimonia de acendido do lume puro do sol no Pico Sacro. Unha celebración organizada pola Asociación do Castro da Fervenza de Callobre, do Concello da Estrada, para recuperar o sentido da celebración pagá do solsticio de verán coa obtención do lume por medios naturais.
O ritual, levado a cabo por un “druída”, consistíu en “prender lume puro do Sol nun pebeteiro, só coa calor do astro rei”, tal e como facían, supostamente nosos devanceiros, soando de fondo a gaita galega. Ao acto asistiron varios cargos do PP, da Xunta e da marea. Máis na web Historia de Galicia.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.