Xosé Ramón Gayoso, Xusto Beramendi, Cristina Pato, o Grupo Nove e o Oceanográfico vigués, Medallas Castelao 2017

O presentador televisivo Xosé Ramón Gayoso, o historiador Xusto Beramendi, a gaiteira Cristina Pato, o Grupo Nove e o Centro Oceanográfico de Vigo serán os galardoados coas Medallas Castelao na súa edición deste ano 2017.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/06/2017 | Actualizada ás 06:39 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O presentador televisivo Xosé Ramón Gayoso, o historiador Xusto Beramendi, a gaiteira Cristina Pato, o Grupo Nove e o Centro Oceanográfico de Vigo serán os galardoados coas Medallas Castelao na súa edición deste ano 2017.

Así o anunciou no seu momento o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que dixo do presentador Xosé Ramón Gayoso, que se trata de "historia viva da TVG"; mentres que a Beramendi erixiuno en "un dos máis destacados historiadores de Galicia".

Feijóo tamén enxalzou o desenvolvemento musical de Cristina Pato, que actualmente vive en Nova York, así como o papel do Oceanográfico de Vigo e a proxección da nova cociña galega que fan os cociñeiros que integran o Grupo Nove.

Estas distincións, como cada ano, serán entregadas este mércores, día 28 de xuño.

ESTUDO DAS IDEOLOXÍAS

Nacido en Madrid, Xusto Beramendi cursou estudos de Enxeñaría Industrial e Tradución; e é doutor en Historia en Santiago de Compostela. Posteriormente foi catedrático de Historia Contemporánea na USC, da que tamén foi vicerreitor entre 1990 e 1994.

Consagrou a súa vida académica ao estudo das ideoloxías e o nacionalismo. De feito, entre as súas obras figuran estudos sobre as figuras de Vicente Risco, Manuel Murguía ou Alfredo Brañas, ademais do monumental ensaio 'De provincia a nación: Historia do galeguismo político'. Este último valeulle o Premio Nacional de Ensaio 2008.

No ano 2012 xubilouse, aínda que non abandonou a actividade intelectual, e actualmente preside a xunta reitora do Museo do Pobo Galego, do que foi cofundador. Ademais, é membro fundador da Fundación Castelao e director da sección de pensamento político da Fundación Vicente Risco.

GAITEIRA OURENSÁ

Cristina Pato é titulada superior de Piano, titulada superior de Teoría da Música, Transporte e Acompañamento, e titulada superior de Música de Cámara polo Conservatorio Superior de Música do Liceo de Barcelona, entre outros estudos.

Esta ourensá foi a primeira muller gaiteira en publicar, con tan só 18 anos, un álbum en solitario, 'Tolemia'. Posteriormente publicou outro seis discos como gaiteira solista e dúas máis como pianista. En 2017 fixo historia ao recibir un 'Grammy' xunto coa banda Silk Road Ensemble, coa que actualmente colabora en Nova York.

CENTRO OCEANOGRÁFICO

O centenario Centro Oceanográfico de Vigo leva a cabo un importante traballo de formación de investigadores e técnicos sobre o medio mariño, polo que é moi habitual que estudantes de FP realicen prácticas na institución.

Desenvolve a súa actividade investigadora no ámbito dos recursos mariños, dos problemas relacionados coa oceanografía e a contaminación do medio mariño. Na actualidade, é o máis grande do nove centros do Instituto Español de Oceanográfica, cun equipo de 119 persoas e forma parte do Campus de Excelencia Internacional Campus do Mar.

VANGARDA GASTRONÓMICA

O Grupo Nove é un colectivo de cociñeiros que, desde 2003, reivindica a modernidade e a vixencia da nova cociña galega, sen renunciar ás orixes da vangarda gastronómica e combinando o mellor da tradición e a innovación.

O grupo, inicialmente composto por nove cociñeiros, ha ido crecendo ata alcanzar os 24 membros e 18 restaurantes que actualmente o compoñen. Todos eles suman oito estrelas Michelín e 18 soles Repsol e, co seu labor, engaden valor á marca Galicia.

"HISTORIA VIVA" DA TVG

Xosé Ramón Gayoso forma parte, en palabras de Feijóo, "da historia viva" da TVG, cadea na que empezou a traballar desde o mesmo día da súa inauguración, en 1985, á beira da falecida Mercedes Bouzón.

Desde entón, presentou programas como 'Entre nós', 'Boa noite', 'Lúa nova', 'O veciño do xoves', 'Corazonada', 'Adiviña quen vén esta noite', e 'Pensando en ti'. "Pero terminou por consagrarse como un dos rostros máis recoñecidos da nosa televisión da man do programa 'Luar'", remarcou o presidente.

Antes de iniciar a súa traxectoria televisiva, foi lanzador de martelo, avogado e compoñente do dúo musical 'Keltia', co que lanzou o LP 'Choca esos cinco'.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta