Chuza morre de éxito?

A rede social, que chegou a ter máis de 6.000 usuarios únicos diarios de media, fecha tras revolucionar a información da rede en galego.

Por Galicia Confidencial | | 24/07/2010 | Actualizada ás 13:20

Comparte esta noticia

None

O día que naceu Chuza só tivo 25 usuarios únicos. Era o 20 de febreiro de 2006 e botaba a andar o primeiro portal de información en galego no que os internautas, cos seus envíos e votos, decidían a importancia das noticias.

A fórmula, copiada como o código do español Meneame.net, funcionou. Chuza! converteuse nun fervedoiro de noticias, a miúdo novas procedentes de blogs á marxe da visión tópica dos grandes medios de comunicación.

Os 25 usuarios únicos superaban os 6.000 un ano despois. Os xornalistas comezaban a acudir a Chuza! para adiantarse á actualidade, en particular do nacionalismo.

E é que o feito de estar en galego axudou a que Chuza!, segundo recoñeceu o seu creador Berto Yañez, a converterse nun foro de referencia para os galeguistas.

Esta característica, clave do seu éxito, terminou por ser un factor na súa morte, anunciada hoxe por Yañez. A diversidade ideolóxica das noticias subministradas e votadas polos cidadáns minguou e moitos internatuas abandonaron o portal ou convertéronse en usuarios pasivos. Porén, Chuza! seguiu mantendo unha considerábel audiencia, a miúdo este ano por riba dos 3.000 visitantes únicos.

Unha base de lectores que non é suficiente para captar publicidade ao webmaster de Chuza!, socio e coordenador da axencia A Navalla Suíza. Chuza! deixou hai meses de publicar publicidade. Berto Yañez levaba meses sen incorporar funcionalidades ao portal, como si fixeran moitos dos seus “familiares” no Estado e outras autonomías. E finalmente hoxe, ao rebufo do anuncio da fin de Vieiros, anunciou o seu feche o 25 de xullo.

Yañez tentou que o proxecto non morrese, traspasando o portal a algún colectivo ou asociación. Ninguén aceptou até o de agora a responsabilidade técnica e legal de darlle servizo a unha comunidade de usuarios tan grande. O webmaster sigue intentádoo. "Calquera iniciativa que xurda e sexa representativa da comunidade actual será enlazada visiblemente ao acceder a chuza.gl no futuro", promete Ber.to.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 32 comentarios

1 Rubén

Me alegro mucho. Chuza era una comunidad de nazionalistas gallegos que se dedicaban a insultar a todo aquel que no pensara como ellos. El tiempo va eliminando a los verdaderos enegimos de la libertad. GZnacion, Vieiros y pronto esta basurilla llamada Galicia Confidencial ¿Quien sois, por que no dáis la cara? Nacionalistas cobardes.

1 Rubenazi

No caso de Chuza, a xente xa se recolocará e reorganizará a partir de Facebook e outros servizos. Ti tranquilo, que non tardarás en ter noticias :D E canto a GZnación e Vieiros, os profesionais que aí traballaban tampouco han tardar en atopar outro lugar desde o que faceren país. Garántocho.

2 grs

vieiros existe desde o 96, non creo que lles dera a pasta fraga. rubén, non tes puta idea

3 Nemigo

chuza peta polos erros de bertiño. Episodios vergoñentos como nunha xuntanza do clan se puxeron a facer fotos das tetas das asistentes, tal cual cho conto Erraron poñendo votos negativos nos comentarios. Iso só trouxo censura. Os amigos de bertiño fixeron de chuza un poleiro e así pechan

4 rosa

Rubén, aos nacionalistas pódesenos tachar de moitas cousas, pero nos tempos que corren creo que de cobardes dende logo non ...

5 Animalario

Es curioso que el tipo éste acuse a los otros de ser una comunidad que insulta a todo aquel que no piensa como ellos y lo adorne con palabras como nazionalistas (a menos que esa z sea una falta, lo cual siendo afín ideológicamente a Louzanes y Telmos, me creo todo), basurilla, cobardes, enemigos de la libertad... nunca una puta le llamó a otra honrada.