Temas: EMPRENDEMENTO

A feira de emprendedores de Pontevedra acepta inscritos até o día 9 de xullo

Hai tres modalidades de participación gratuítas: stand, presentación ou entrevistas con posibles inversores ou parceiros.

Por GC Emprende | Pontevedra | 03/07/2017 | Actualizada ás 12:06

Comparte esta noticia

A cuarta edición do Espazo de Emprendemento PONT-UP STORE é unha iniciativa liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra. Terá lugar entre o 21 e o 23 de setembro.

Emprendedoras nun pasado Pont Up Store
Emprendedoras nun pasado Pont Up Store

O Pont-Up Store ofrece tres modalidades de participación: presentar un emprendemento nun dos 33 stands gratuítos dispoñibles; propoñer actividades de dinamización dentro do programa; e participar no Puntazo Exprés no que 10 empresas serán seleccionadas para explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. 

Entre os participantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; e Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia. 

Programación

Na xornada previa do xoves 21 de setembro haberá unha Alborada Emprendedora plantexada como unha actividade sorpresa para presentar o evento ante a comunidade universitaria e a sociedade, na que a creatividade e a innovación vanse mesturar con actividades que potencien unha vida saudable. Volveremos contar cun Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D, onde haberá exposicións, demostracións e sesións de iniciación en continuo. Neste espazo desenvolvorase un obradoiro orientado ao urbanismo arredor da temática “Pensando a túa cidade”. FAB LAB SPACE, Camp Tecnológico e R (talleres CreaR) serán algúns dos colaboradores.

O sábado está programada a segunda edición da Xincana Bike orientada a desenvolver a iniciativa, o traballo en equipo e a cooperación entre nenas e nenos ata 14 anos. A proba divídese en 5 zonas cada unha cunha temática marcada e relacionada coa filosofía de emprendemento do Pont-Up Store.

No marco da reunión da comunidade WordPress en Pontevedra (Meetup) vaise organizar a actividade Emprende con Wordpress con diferentes obradoiros para achegar WordPress a calquera que teña interese mostrando casos de emprendedores que nos ensinarán como empregaron WordPress para emprender e crear o seu negocio/proxecto.

Temas: EMPRENDEMENTO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta