Un paso adiante a prol do eucalipto, que non dá a USC

Cando máis ardente está a polémica sobre o eucalipto, debido aos máis de 60 mortos polo lume en Portugal, sete colectivos do sector forestal, sindical e da Universidade de Santiago dan un inédito paso á fronte en Galicia cunha campaña publicitaria nalgúns medios en defensa desta polémica árbore.

Por Alberto Quián e Manuel Vilas | Santiago de Compostela | 06/07/2017 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Estas organizacións saen a prol do eucalipto, ademais, nun intre clave e rascando o peto. La Voz de Galicia, Faro de Vigo e outros xornais en papel publicaron esta semana unha páxina de publicidade completa e a toda cor a favor desta polémica especie. O seu argumento principal é que os eucaliptos non favorecen os lumes, xa que "a maioría dos incendios se producen nas zonas abandonadas, non nos eucaliptales". O lema da campaña: "Datos, non opinión".

Plantacións de eucalipto no norte da Península
Plantacións de eucalipto no norte da Península

Os asinantes desta campaña nos grandes medios a prol do eucalipto son a: AFG - Asociación Forestal de Galicia,  ASEFOGA - Asociación Sectorial Forestal Galega, ASEMFO - Asociación Nacional de Empresas Forestales, Asociación Provincial de Empresarios de la 1ª Transformación de la Madera de Lugo, Asociación Galega Monte Industria, Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, PROMAGAL - Federación de Asociacións  de   Produtores de Madeira de Galiza, SERFOGA - Asociación de Empresas de Servicios Forestais de Galicia e Universidade de Santiago PEMADE - Plataforma de Enxeñaría da Madeira Estrutural da USC.

A maioría dos lectores percibiron que a USC apoia o eucalipto, o que desatou unha avalancha de críticas en redes sociais. Por exemplo:

GC púxose en contacto coa Universidade para dar o seu punto de vista. Fontes oficiais da USC aclaran que “a Universidade, como tal, non ten ningunha opinión sobre os eucaliptos ou sobre a nada, simplemente respecta a liberdade de investigación dos seus grupos investigadores”.

Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/
Eucaliptos na zona de Cabo Ortegal / Pierre en www.flickr.com/photos/pierrepita/2962116512/

Ademais de tomar distancia sobre o anuncio, dende a Universidade explican que o logo que aparece no anuncio en realidade é só o de PEMADE, que de seu inclúe o logotipo da propia USC. 

APOIA OU NON A USC O EUCALIPTO? 

“Como institución non podemos posicionarnos,” argumentan dende a Universidade, responsabilizando en exclusiva  a PEMADE.

PEMADE é un grupo de investigación do campus de Lugo relacionado coa enxeñería da madeira. No seu sitio web destaca o seu compromiso contra o cambio climático. Está  dirixido por Manuel Guaita, catedrático de Enxeñaría Agroforestal lucense. Entre as institucións colaboradores deste grupo de investigación hai varias empresas madereiras. 

GC contactou con Guaita para que explicase o seu punto de vista. Por que os enxeñeiros de plataforma da USC PEMADE prestaron a súa sinatura a esta campaña pro-eucalpito? O director de PEMADE, responde  que, en primeiro lugar, porque o que se presenta no anuncio “son só datos e non opinións”.

O catedrático da Universidade, do Departamento de Enxeñaría Agroforestal, engade que PEMADE forma parte do Clúster da Madeira -promotor da inserción publicitaria- e insiste en que o anuncio “non presenta opinións; nese caso igual faría outro plantexamento”.

Guaita, profesor da Escola Politécnica Superior de Lugo, di entender a polémica sobre o eucalipto, pero evita afondar nela. Agora ben, considera necesario que na sociedade se “abra un debate en base aos datos” e insiste en que PEMADE non se pode negar a asinar un texto baseado neles.

APOIO DUN SINDICATO E DA MAIOR ASOCIACIÓN DE COMUNIDADES DE MONTES

A gran maioría dos asinantes do anuncio están vinculados coa patronal da madeira e forestal. Con todo, non é o caso de Pemade-USC, ASEFOGA (un colectivo vinculado ao sindicato Unións Agrarias) e  AFG (colectivo que xunta a comunidades e propietarios particulares de montes, sendo a maior deste tipo no país). 

A publicación deste anuncio agora non é trivial. Ademais do sucedido en Portugal, a Xunta ten previsto publicar o agardado novo Plan Forestal este verán. 

A intención do Goberno era limitar a expansión do eucalipto no interior, onde está a gañar terreo debido a unha nova subespecie que soporta as xeadas. Visto o visto, unha  moratoria a esta árbore pode suscitar resistencia por parte dunha parte do tecido forestal, da madeira, sindical e mesmo académico. 

Anuncio pro eucalipto na Voz de Galicia esta semana
Anuncio pro eucalipto na Voz de Galicia esta semana
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 35 comentarios

17 Doutor Ju

Está claro
O que arde en Galicia é o monte abandonado.
Así, partindo de que as especies autóctonas non producen tanto beneficio como o eucalipto, ninguén perde o tempo en coidalas e polo tanto arden sen control.
Pero por outro lado, e tendo en conta que prácticamente todos os incendios son provocados e os menos son accidentes e non espontáneas (o do vidro e o da colilla reto a quen queira a que mande un video ensinando como provocan un incendio sen soplarlle para avivala) igual resulta que os incendios son un medio excelente para limpar terreos improductivos para explotación forestal eucaliptal posterior.
A única forma de evitar os incendios e que non haxa eucaliptales é poñer os montes autóctonos a producir; plantalle lume a un monte productivo e verás como os veciños non o deixan extender despois de facer churrasco co pirómano.

16 Quercus

15 Xosé Carlos Morgade Martínez

A Asociación Forestal de Galicia non é a maior organización de comunidades de montes de Galicia. A entidade que engloba ao maior número de comunidades de montes de Galicia é a Organización Galega de Comunidades de Montes.

1 Comuneiro

Non en número de comunidades, como vostede ben apunta, pero si posiblemente como xestora técnica de superficie das mesmas o que lle confire máis valor ao seu apoio. Datos, non opinións nin politiqueo.

14 El campo si tiene cancelas

5 anos de carreira de enxeñeiro forestal para nada..... Vendo os comentarios dos anticálitros que mentindo e con demagoxia resolven o tema quen da unha opinión técnica ou con datos coma a publicada... Canto cidadanito apropiador do rural pulula por eiquí....

13 Monsanto non é un santo

O capitalismo pon a natureza ao servizo das multinacionais...e polo visto aos seres humans tamén. Cando axiña se esgote o petróleo e a economía derivada, as guerras van ser polo control da auga.