Festival alternativo na Ribeira Sacra

Monforte de Lemos e Sober acollerán esta fin de semana o 17º Festival Ribeira Sacra.

Por X.M. Fernández | Monforte de Lemos | 27/07/2017 | Actualizada ás 11:02

Comparte esta noticia

Esta orixinal iniciativa pretende maridar paisaxe, patrimonio, gastronomía, viño e música. Moita e variada música en canto a xéneros e artistas se refire, con escenarios tan inverosímiles como adegas, un miradoiro, unha reitoral, un parador, unha igrexa e incluso un catamarán.

Sumrrá
Sumrrá

Moitos dos concertos realizaranse ao longo do día e no Concello de Sober mentres que os concertos de noite concéntranse na noite do sábado 29, na explanada do Parador de Monforte, onde a Torre da Homenaxe. Será o prato forte deste evento onde actuarán un grupo británico, The Magic Numbers e tres galegos: Iván Ferreiro, Novedades Carminha e Los Árboles, grupo da Comarca de Lemos.

Programa ao detalle

Venres 28

-Ás 18:00 horas no Miradoiro de Santiorxo (Sober) terá lugar o Concerto do cantautor Néstor Pardo.

Novedades Carminha
Novedades Carminha | Fonte: I-Radia Crea

Sábado 29

-Ás 12:00 horas no embarcadoiro de Doade (Sober), e dentro dun catamarán, actuará a artista Virginia Maestro.

-Ás 12:30 horas na bodega Rectoral de Amandi (Sober) celebrarase o concerto de Ángel Stanich.

-Ás 14:00 horas nas bodegas Regina Viarum (Sober) terá lugar a actuación de Os amigos dos músicos.

-Ás 17:00 horas na bodega Adega Algueira (Sober) terá lugar o concerto do grupo The Wellgreen.

-Ás 18:00 horas na Igrexa de San Xulián de Lobios (Sober) actuará a banda de jazz Sumrrá.

-Ás 19:00 horas nas bodegas Regina Viarum celebrarase o concerto do estadounidense M. Ward.

-A partir das 20:00 horas na explanada do Parador de Monforte de Lemos comezarán os concertos de Iván Ferreiro, The Magic Numbers, Novedades Carminha, e Los Árboles. Haberá tamén un espazo gastronómico a cargo do Restaurante Curro da Parra de Compostela.

Domingo 30

-Ás 12:00 horas na Reitoral de Gundivós (Sober) haberá un concerto de Germán Díaz e un aperitivo con pinchos preparados polo chef Alén Tarrío do Restaurante Curro da Parra.

-Ás 12.00 h. Virginia Maestro repetirá no Embarcadoiro de Doade (Sober).

-Ás 14.00 h. A banda galega Best Boy actuará na Adega Regina Viarum (Sober).

Para o venres e o sábado están programadas unhas sesións de DJ como fin de festa no local monfortino Awa. 

Algúns concertos son de balde pero a maioría son de pago. Información sobre abonos en Ataquilla

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta