GC Aberto
Temas: VENEZUELA

Venezuela: O triste papel de certa esquerda

O chavismo empregou unha fraseoloxía seudo revolucionaria para embaucar a todo un pobo que aspiraba a cambios profundos

Por ENGALIZA | GC ABERTO | 31/07/2017

Comparte esta noticia

Por Oswaldo Pacheco*

Nicolás Maduro, presidente de Venezuela
Nicolás Maduro, presidente de Venezuela

O chavismo empregou unha fraseoloxía seudo-revolucionaria para embaucar a todo un pobo que aspiraba a cambios profundos, aínda hoxe, a pesar do evidente fracaso deste proxecto fraudulento do “Socialismo do Século XXI”, que é corrupto, esfameador e represivo, hai grupos da esquerda que apoian abertamente ao goberno de Maduro, outros que non o avalan, pero non se atreven a dicir “fóra Maduro”, supostamente porque as mobilizacións, que son cada vez máis contundentes en rexeitamento ao goberno, son dirixidas, segundo eles, pola dereita e o imperialismo. Obvian a un pobo que está nas rúas loitando e dando a vida por saír deste pesadelo. Estes grupos, falan de construír unha alternativa política dos traballadores e do pobo, independente da MUD e do PSUV-Goberno, pero ao non participar da grande rebelión que está en marcha, déixanlle o camiño libre ás direccións da MUD e do PSUV, coma se fora posible construír unha alternativa revolucionaria a control remoto, afastados do pobo e os traballadores que están na loita.

Co seu discurso confunden e desmobilizan aos sectores máis fortemente implicado, e desde a comodidade das súas casas dedican liñas e liñas para criticar -falseando a realidade- aos que estamos na rúa tratando de fundirnos cun pobo que pide a saída de Maduro e da súa constituínte fraudulenta e antidemocrática. Non hai xeito de construír unha alternativa revolucionaria dos traballadores e do pobo en loita, se non se está na rúa sendo parte desta rebelión, é a única forma de gañarse a dirección política do movemento ou a vontade dun número importante de loitadores, e aspirar xunto a eles a construír esa alternativa para loitar polo verdadeiro socialismo e un goberno dos traballadores e do pobo.

*Oswaldo Pacheco, preso político e militante do Partido Socialismo y Libertad de Venezuela

Temas: VENEZUELA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 pablo expaña!

si vemos coma a dirixencia de mareados podreiros que sacou lereles e billetes grandes agora non defenden a republica bolivariana, dos pe$oes xa mellor non falar, están caidos na inmundicia, e dos troskones que escriben no medio do delirio de sustancias estupefacientes "coca de colombias" tampouco... triste papel destas seitas desmioladas... que fan analises de burguesía prochina de venezuelas e asi... contra burguesía ianque... e que falan de que non ten importancia a independencia nacional de Venezuela, que e todo burgesia... E ALGUN VAILLE FACER O DESPISTADO A ESTA PANDA.. soamente leitugas! - agora anda o sinvergonza do pablo tanto descabezar a dirección de podreiros en Catalunya para que sexan mais expañolistas que santiajo bernabueno... que escoura... MENUDO ROTURISMO...

1 LKI

Gonzalo "El Vieiras" facendo de novo o ridículo.

2 ratas PPestiferas!!!

a lumpemburguesia (dependentista) perdeu o poder, e desde entonces anda intentando todo tipo de medidas desde o golpe, a manipulación mediatica, o ataque económico, e agora en plan UCRANIA o terrorismo criminal e facista, que se pode facer - evidentemente a expropiación política e económica, política ilegalizando a todolos partidos dereitistas, executando e aplicando as máximas penas os criminais e traidores, ninguna faragulla de poder para os imbéciles istes, para as ratas, en canto a expropiación económica tense que ter en conta a burgusia nacional e o que aporta na construcción do estado.. para os parasitos os imperialistas incautación revolucionaria

1 ed. pais 13.03.02

Sólo un golpe de Estado ha conseguido echar a Hugo Chávez del poder en Venezuela. La situación había alcanzado tal grado de deterioro que este caudillo errático ha recibido un empujón. El ejército, espoleado por la calle, ha puesto fin al sueño de una retórica revolución bolivariana encabezada por un ex golpista que ganó legítimamente las elecciones para, convertirse desde el poder en un autócrata peligroso para su país y el resto del mundo. Las fuerzas armadas, encabezadas por el general Efraín Vásquez, han obrado con celeridad al designar como jefe de un gobierno de transición a un civil, Pedro Carmona Estanga, presidente de la patronal venezolana, a la vez que destituía a los mandos militares compañeros y amigos del depuesto presidente....