Por Galicia Confidencial | Compostela | 01/08/2017 | Actualizada ás 11:20
As vítimas do Alvia, representadas na Asociación Plataforma Víctimas del Alvia 04155, publicaron a través das redes sociais e na súa web unha carta que, segundo denunciaron, El Correo negouse a publicar como “dereito de réplica”. Nesta misiva amosábanse moi críticos con Agustín Hernández tras negarlle o xornal compostelán a réplica.
Esta carta era unha resposta a un comentario aparecido na sección de contraportada “Con Pólvora y Magnolias” no que El Correo criticou a un directivo da Asociación Plataforma Víctimas Alvia 04155 por, a súa vez, “cargar las tintas” contra o líder do PP en Santiago, pois Hernández sería un dos políticos “que ya ni pinchan ni cortan”.
Segundo as vítimas, a Asociación tentou exercer o seu dereito a réplica, sen lograr un oco no xornal. "Nin tan sequera dignáronse a contestarnos", láiabanse. Non obstante, El Correo Gallego quixo aclarar que si se publicou esta carta “en cuanto se recibió el correo electrónico”, aparecendo no xornal o 26 de xullo, “que, ¡oh, casualidad! fue uno de los días de más tirada y venta de este periódico durante el mes de julio”, apunta un directivo deste medio.
“Resulta curioso que en Galicia Confidencial, siempre tan atentos a lo que se habla y/o escribe sobre EL CORREO GALLEGO os hayan colado una información falsa como bien podéis comprobar en nuestra hemeroteca. El derecho de réplica al que aluden algunas (no todas) víctimas del Alvia se ejerció, como hace siempre este periódico, en cuanto se recibió el correo electrónico”, sinalou este profesional que se puxo en contacto con GC.
Con todo, as vítimas aseguran que enviaron ese correo o 23 de xullo e non o 26. En declaracións con GC, o voceiro da asociación, Jesús Domínguez, destacou que enviaron varias mensaxes ao Community Manager (CM) do medio e varios directivos, "entre elas a un tal Pérez" para saber se o ían publicar. Só lle respondeu o CM asegurando que "iso era unha cuestión dos coordinadores". De feito, asegura que se puxeron en contacto con el o mesmo 26 --día no que supostamente saíu publicado-- e que se lle respondeu que o artigo "foran enviado ao Coordinador General". "O normal é que tiveran avisado desde arriba. É o que soen facer o resto dos medios", indica.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.