O goberno de Santiago, a favor da folga no aeroporto

O Concello toma partido a prol do persoal de seguridade de aeroportos, aínda que espera "que non dure demasiado" este paro, que chega en.plena tempada turística.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2017 | Actualizada ás 14:49

Comparte esta noticia

A alcaldesa de Santiago en funcións, María Rozas, mostrou este venres "todo o seu apoio" aos paros parciais aos que o persoal de seguridade do aeroporto de Santiago está convocado a partir do próximo 20 de agosto. Ademais, a tamén edil de Economía espera que esta situación "non dure demasiado" e que as reivindicacións "sexan tidas en conta".

María Rozas
María Rozas | Fonte: Europa Press

Así o afirmou nunha rolda de prensa no Pazo de Raxoi, preguntada sobre como afectarán á capital galega os paros parciais que se convocarán, de forma conxunta, co persoal do aeroporto de Alvedro, na Coruña. O sindicato UXT apuntou este xoves nun comunicado que a mobilización obedece á "precarización das condicións laborais" e á crítica a un modelo de sector baseado "na competencia sobre prezos".

Rozas "supón que afectará" á cidade, pero espera que as reivindicacións, que cualificou de "moi importantes", "non teñan moita repercusión" nin para os veciños de Santiago nin no número de turistas.

Con todo, lembrou que "non é unha competencia do Concello" e que a folga "é unha das opcións" que teñen os traballadores para reivindicar os seus dereitos laborais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

3 galegoexiliado

Pois pretenderán convertilo en zona peonil ou biciflauta, tal como están a facer en Santiago dos Perroflautas. Dous anos para as eleccions, que se lles van a facer eternos ós compostelans de Compostela.

1 anonimo

Non ho, están disfrutando do votado.

2 Galegoda casa

16327 perroflautas que votamos CA. Toca roer un pouco, nada máis. Tragando, tragando. Exiliado tamén creo que anda Conde Roa, todo un señor. Jajajajaja.

3 nostrus

Galegoda casa, eso non é nada, Jesucristo ten moitisimos mais seguidores.

4 Galegoda casa

Nostrus, en galego non é eso é iso, e moitÍsimos e mÁis levan til. De nada..

2 Remigio

Cuánto cobra esta señora?

1 Remi

Pois bastante menos que os concelliros de Conde Roa. Ou sexa, saímos gañando moito e por riba aforramos cartos. Grazas pola pregunta. A mandar.

1 Amén

Porque Lavacolla non é municipal, senón verías tí...

1 nostrus

Claro, pero esta señora o que pretende é quedar ben sin mollarse, porque si quixera quedar ben mollandose poderia subirlle o soldo aos empregados municipales. Ademais ela teno moi sinxelo, sube os impostos e xa esta.