Detida unha camareira en Tomiño (Pontevedra) que vendía cocaína no establecemento no que traballaba

A Garda Civil detivo a unha veciña do municipio pontevedrés de Tomiño, de 27 anos e con iniciais A.D.R., como presunta autora dun delito contra a saúde pública por tráfico de estupefacientes.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/08/2017 | Actualizada ás 16:54 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Garda Civil detivo a unha veciña do municipio pontevedrés de Tomiño, de 27 anos e con iniciais A.D.R., como presunta autora dun delito contra a saúde pública por tráfico de estupefacientes.

Detención drogas Tomiño
Detención drogas Tomiño | Fonte: Europa Press

Segundo informou este domingo o Instituto Armado, a detida aproveitaba o seu emprego como camareira nun establecemento hostaleiro para vender estupefacientes sen que o resto de traballadores ou o dono do bar tivesen coñecemento algún desta actividade.

A operación foi levada a cabo polo Equipo de Investigación da Garda Civil de Tui en coordinación ocn os efectivos do Posto de Tomiño. Os axentes interceptaron o vehículo da detida cando esta se dirixía ao seu posto de traballo en coche.

No seu vehículo, a Garda Civil incautouse dunha pequena caixa metálica na que gardaba 15 dose de cocaína que, presuntamente, ía distribuír durante a xornada laboral entre os clientes do establecemento.

A detida foi posta a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Tui, que decretou a súa liberdade provisional con cargos.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta