Estes son os mestres que desafían o decretazo

Beatriz, 25 anos dando matemáticas en galego en Lalín. Cibrán, 20 anos facendo o mesmo en Silleda. Estes membros de 'Profes co galego' son os protagonistas do primeiro vídeo de produción propia de Tingalaranga para Galicia Confidencial. Unha nova aposta para dar voz aos que ignoran os grandes medios. Vídeo no interior.

Por Walter Burns | O Irixo | 26/09/2010 | Actualizada ás 22:57

Comparte esta noticia

 

O “Decreto do Plurilingüismo” reduce o mínimo dun 50% aulas en galego. O goberno do PPdeG aprobouno esgrimindo a súa promesa electoral de acabar coa suposta “imposición” da lingua do país durante o bipartito.

A lei desatou o maior conflito da era Feijóo. Reixeitana case todas as asociacións de profesores, alumnos, pais e institucións culturais como a Academia ou o Consello da Cultura.

Por que arriscarse a unha sanción?

Vía Facebook e dende dentro das aulas nace agora  un novo grupo opositor. Son 'Profes co Galego' . Mestres que, malia a obriga que lles impón o Decreto de ensinar o castelán, están dispostos a seguir falando o idioma propio.

Que leva a un funcionario a arriscarse a ser sancionado, ou mesmo expulsado das aulas?

Galicia Confidencial falou con Cibrán e Beatriz máis dunha hora e nunca agromaron razóns políticas. Nin mencionaron as palabras nación ou pobo, nin atacaron ao PPdeG. Tan só deixaron ver un profundo amor pola docencia e polo seu idioma. E tamén argumentacións legais e estatísticas.

O 20% sae das aulas sen saber falar galego

Por exemplo, Cibrán lembra que os datos oficiais din que un de cada cinco mozos remata os estudios obrigatorios sen saber conversar correctamente en galego. “Que é o que se pretende, que en vez de un de cada cinco, haxa dous ou tres de cada cinco incompetentes en galego?”, pregúntalle ao Goberno.

Beatriz argumenta que o “ilegal” Decreto contradí a Lei de Normalización, que fixa un progresivo uso do galego na escola. A docente sinala que a súa obriga como funcionaria é, no caso de contradición, cumprir a norma de maior rango.

Libros en galego deixados no corredor

Os dous son mestres de Matemáticas, materia que a nova norma marca por defecto en castelán. Para o profesor “as ciencias e as tecnoloxías identifícanse co moderno e co progreso; polo que escoller as ciencias para as clases en castelán lévanos a identificar este mundo de progreso co castelán, impoñéndolle ao galego máis prexuízos dos que xa soporta”.

GC gravou montes de libros de Matemáticas deixados sen uso no corredor do colexio público no que filmamos. O Goberno aínda non explicou nin aos centros nin á prensa que vai facer cos libros, propiedade pública.

Beatriz e Cibrán non parecen ter vocación de heroes. Son conscientes do risco da súa escolla, que xa están aplicar esta semana. Aos seus compañeiros e á Xunta só lles piden unha cousa, que reflexionen sobre a Carta Aberta ao Conselleiro de Educación. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 145 comentarios

17 galegofalante con dereitos

Tamén os afroamericanos en USA nos 60´s tiñan prohibido comer en restaurantes de blancos ou sentar nas cadeiras dianteiras dun autobus, tamén foron apaleados polas forzas do desorde da dereita mais racista e intolerante e polos seus medios e corifeos .Só a insumisión e a defensa dos dereitos civís levou a que foran recoñecidos os seus dereitos

1 Castelanhablante discriminado

Pues entonces eso valdrá también para los castellanohablantes en Galicia ¿O no? Si los de mi ayuntamiento solo me escriben en gallego y en mi delegación de la Xunta nada está rotulado en castellano, es de esperar que yo no tenga porque pagar ningún tipo de impuestos a estas instituciones ¿O si?

2 ajo y agua

Pois agora xa sabes na terra que vives, tamén hai quen quere bañarse nas praias atlánticas e que a auga teña a mesma temperatura que no Mediterraneo pero ese é o noso legado

3 Para o pobriño discriminado

Mira castelánfalantediscriminado... Non estás comparando as magnitudes con exactitude e ademais o estar a facer adrede e con ánimo de terxiversar. Se queres que o teu concello che escriba en galego tan so llo tes que dicir. É o teu dereito e o exerces ou non. Aínda non vin un caso de que alguén se dirixira en castelán a unha Administración e non lle contestaran cousa que, co galego, pasa no día a día. Se saber castelán e un deber, saber galego debe selo tamén. E despois ti elixe campeón que o fas con coñecemento de causa e non por eliminación. Senón como carallo podes entender que sendo cidadáns do mesmo estado eu teña o deber de saber castelán e non ter dereito a poder expresarme en galego? Bonito Estado pintas ti, os duns territorios cun dereito máis e os galegos sen ese dereito e con un deber a maiores. Non che parece?

16 Justus Lipsius

So un analfabeto lle pode chamar delincuente a quen incumple unha norma administrativa. Menos ABC e máis facultade de Dereito, e sobre todo hai que viaxar máis meus caros paletos monolingües.

1 Manolo

Solo un tarado puede desconocer que una cosa es incumplir una norma administrativa, y otra incumplir un decreto, jactarse de ello y publicitarlo. Delincuente o infracto, en cualquier caso impresentable, quien hace que lo da le gana con las normas de enseñanza puede irse a la calle. Y si no le gusta que monte un colegio privado para bloqueiros. Por cierto que en el ABC escriben un montón de juristas y de viajes no creo que sepas mucho

2 Rayleigh

Gloria Lago e os seus bífidos facían apoloxía dese hai menos dun ano. Incluso chegaron a dicirlle nunha reunión co Conselleiro de Educación como tiña que facer o goberno para incumplilo. Así que esta señora según ti é unha delincuente e unha impresentable..ademáis de recomendarlle que se vaia á rúa..Vaites vaites..Moi ben Manolo. Gloria!! Tus fans te quieren mandar a la calle!! :D

3 Manolo

¿Apoloxía de qué?¿Y tu que sabes de las reuniones ente GB y el conselleiro?¿Estabas debajo del sofá, o metido en la papelera? No se te entiende nada de toda la película. Chico, no te aclarás, duerme un poco, y cuando estés recuperado del triple botellón del fin de semana nos lo cuentas. Y deja de darle al pegamento.

4 Rayleigh

De esa manera me rebates?? Gloria Lago, andaba a perseguir a los que incumplían el anterior Decreto?? NOOO!! No solamente no lo hacía, si no que animaba a incumplirlo. Así que, que se vaya a la calle, no manolo? No queremos pensar que tu preocupación por el cumplimiento de las leyes, tiene un trasfondo político y no ciudadano.. O no es así? Si es así, Gloria es una delincuente que tiene que irse a la calle!! TÚ MISMO lo has decretado.

5 Manolo

Se ve que sigues sin dormir la mona. Persiguelos tu a los que incumplían el anterior decreto y deja de decir mentiras. Pon el vídeo equivalente donde Gloria Lago animaba a su incumplimiento y si no callete y deja de enmierdarlo todo.

6 Rayleigh

Ah..é que hace falta vídeo!! Vaia..aquí algúns teñen a memoria moi fraca...Claro Glory dicía que había que cumplilo! Estaba moi contenta, non? Na reunión co conselleiro, despois das eleccións, a quen lle dou 2 bicos e o xudas Angel Lorenzo deulle a mán. E non...non estou borracho. Eu non acepto bebidas caseiras feitas con alcohol sospeitoso. Ti parece ser que si e así te quedaches. Que simpático!! As persoas que sempre falan de "unos padres", "unas personas", "gente independendiente", "muchos", piden os demáis que demostren todo. Demostrádeo vos!

15 david

adiante.a razón está do noso lado.a pedabobía non ten límites para os que queren usar Galiza como escaleira para subir e vivir ben dela.adiante profes exemplares.adiante

14 alleo

Desde logo a xuzgar polos "personaxillos" de cerebro deturpado que escriben aqui, parece que lles preocupa en serio que haxa algún medio con libertade para informar sobre calquera tema. Extrema dereita, xentes descerebradas, personiñas sen criterio xusto....non vos esforcedes! Unha felicitación forte aos responsables desta información!!!

1 San Caetano

Los responsables de esta información van pasar MUCHO frío en la cola del paro. Alguno ya está y al resto le quedan días. Les está bien por no saber aceptar lo que dice la mayoría. NO A LA IMPOSICIÓN DEL GALLEGO!

2 Manolo

Eso que tu dices es lo que debería ser, pero en España hace mucho que los delincuentes no van a la cárcel, ni los funcionarios corruptos al paro. Estos pasado mañana seguro que están con los piquetes informativos de la CIG, "informando" educadamente a otros trabajadores de lo que les podría pasar si no obedecen a sus consignas.

13 un calquera

E os profesores que lles dan infantil en castelán ó 40% dos nenos que escolleron galego nas cidades?, eses non son delincuentes?, onde está a libertaz de elección nas cidades?, onde está o dereito dos pais a escoller a língua dos seus fillos en infantil?, onde está a non imposición se agora hai máis imposición que nunca?. Recoñezan que este decreto señores da Xunta é unha carallada. Por toda a propaganda do mundo que lle boten enriba, e os medios comprados que falan ben del, este decreto é un absurdo de principio a fin.