Comparte esta noticia

O Concello de Verín publicou esta mañá un bando urxente no que alerta aos veciños que a auga da traída xa non é potable. “Como consecuencia das fortes choivas, a seca e o actual estado do terreo derivado dos últimos incendios, a auga de abastecemento non é apta para o consumo humano”, especifica o alcalde Gerardo Seoane (PSOE).

Gerardo Crespo, alcalde de Verín
Gerardo Crespo, alcalde de Verín

Cómpre lembrar que a comezos de agosto Verín sufriu un dos maiores lumes deste verán, que chegou a cortar a autovía á Meseta e queimou máis de 1.360 hectáreas. O alcalde da localidade culpou a Xunta dunha lenta resposta que facilitou a extensión das lapas.

Ademais, o suroeste de Ourense está a sufrir unha importante seca, como o resto do país pero máis grave, un dos factores que explican os incendios nesta zona. Por exemplo, hai escasos días o veciño concello de Vilardevós tivo que encher os seus depósitos con auga de cisterna procedente dun camión, precisamente, de Verín.

A seca foi interrompida estes días por importantes tormentas, sobre todo o domingo pola tarde, que arrastraron as cinsas dos incendios a un lugar, Queiruga,preto do río Támega, onde se capta a auga para a traída.

Incendio en Verín
Incendio en Verín | Fonte: @UGTForestaisGZ

O resultado é que “o persoal técnico responsable atópase buscando unha alternativa para recuperar o correcto funcionamento do sistema de abastecemento”. Verín é unha numerosas vilas que ve como a súa poboación se dispara durante o mes de agosto, ao retornar moitos emigrantes a casa a pasar as vacacións. O seu censo oficial anda polas 14.000 persoas, pero na actualidade poden haber na vila e aldeas da periferia máis de 20.000, que quedan sen auga até novas noticias.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Leike

Pois que vaia Feijoo coa súa "manguerita" levarlles auga aos habitantes de Verín!