Por que La Voz de Galicia proxecta unha idílica relación co BNG?

Desde que esta formación se converteu na cuarta forza parlamentaria son continuas as entrevistas e informacións sobre a súa nova líder, con noticias que contrastan coas que se publican de En Marea e do PSdeG. Tamén destacan as noticias sobre a boa xestión do goberno de Alberto Núñez Feijóo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 06/09/2017 | Actualizada ás 14:00

Comparte esta noticia

Galicia precisa al BNG. Para amarse y erigirse y enorgullecerse. Para saber que hay hombres y mujeres que, equivocados o no, van con su credo a todas partes, como hicieron durante veinte años en Madrid. Que disponen sus traviesas, bloque a bloque, para levantar este país tantas veces cerrado por derribo. Han sido los primeros en muchas cosas. Ahora lo son en poner a una mujer al frente de su frente: con una estrella. Como la de Rosalía”. Así comezaba o seu artigo un dos grandes editorialistas de La Voz, Xosé Carlos Caneiro, en marzo do pasado ano, precisamente, titulado 'Ana Pontón y la estrella de Rosalía'.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón

Este artigo avanzaba o que, desde hai meses, principalmente, desde que o BNG caíu aos seis deputados e se converteu na cuarta forza parlamentaria de Galicia, ía ser a liña editorial do Grupo Voz co Bloque, unha formación á que, durante anos, denostou. Eran os grandes momentos deste grupo político, cando obtivo as principais alcaldías de Galicia e, despois, a Vicepresidencia e varias consellerías na Xunta.

Entón comezou unha campaña que no entorno do Bloque, e sobre todo, da UPG, se denominou “Boicoz”. “Quem vos escreve é capaz de esquecer muitas cousas, mas dificilmente pode obviar a manipulação informativa e o acoso e derrubamento contra as Conselharias chefiadas polo BNG, em particular desde que Indústria (chefiada polo BNG) não deu ao Grupo Voz o naco que queriam da torta eólica. E tampouco posso esquecer com facilidade o claro alinhamento de La Voz com os grupos tangallegos, chegando mesmo a difundir informações falsas”. Este era a mensaxe que comezou a cirular pola rede entre militantes e cargos nacionalistas e na que se facía un aberto chamamento a non ler, nin distribuír, as informacións de La Voz.

Iso era en febreiro de 2009. Un mes despois o Bloque tiña que saír do Goberno da Xunta. Gañaba as eleccións autonómicas Alberto Núñez Feijóo por maioría absoluta e moi poucos votos na Coruña, a provincia con maior influencia de La Voz. Unha victoria que moitos no BNG vincularon coa campaña que este xornal realizou contra esta formación e o seu líder de entón, con artigos nos que se criticaban os bailes de Quintana cos vellos ou unha suposta neveira de 6.000 euros que levaba no coche oficial. Antes foran outras moitas informacións sobre mandilóns identitarios, a suposta nacionalización das galescolas ou do agro co Banco de Terras, os chiringuitos, ou os chanchullos do concurso eólico.

Desde entón o BNG non só perdeu a Xunta, senón numerosas alcaldías. Tivo escisións, e pasou de competir co PSdeG pola segunda forza na Cámara a converterse na cuarta. Históricos dirixentes do Bloque relacionan esa traxectoria coas “durísimas campañas da prensa españoleira” de entón, entre as que citan a La Voz de Galicia e o ABC, principalmente. 

Feijóo con Santiago Rey e o arzobispo de Santiago, Julián Barrio
Feijóo con Santiago Rey e o arzobispo de Santiago, Julián Barrio | Fonte: Cáritas Diocesano

O “idilio”

Con todo, esa mesma prensa, principalmente La Voz, semella que desde hai meses comezou un “idilio” con esta formación que antes denostaba. “É o xogo de sempre. Houbo un momento no que o inimigo era o BNG. Pero, agora como está en horas baixas, toca mimalo un pouco para atacar ao outro gran inimigo, En Marea, e de rebote tamén o PSdeG”, aseguran.  “É o xogo de sempre. Dar azos a uns e rebaixar aos outros co obxectivo final de dividir á esquerda e ao nacionalismo para que o PP siga no poder”, indican.

“E o problema de todo isto é que eses mesmos dirixentes políticos que sempre se mostraron tan críticos con determinados poderes mediáticos, caian, agora, nas súas mans sen criticar estratexias que denunciaban e atacaban no pasado”, engaden.

E o certo é que nos últimos meses La Voz está mimando ao BNG. Faino coa súa nova voceira nacional, con continuas entrevistas --ata sete desde que é a nova líder-- e noticias case aduladoras. A última, este sábado. E faino tamén co principal partido, e case único, que forma parte desa formación, a UPG, o cal parecería utópico hai uns anos. Ben é certo que o Bloque innovou, reaxiu e ten unha nova forma de facer política, pero chama a atención que sexa, sobre todo, La Voz de Galicia, quen insista en poñela como exemplo fronte a En Marea e o PSdeG.

“Pan para hoxe e fame para mañá”

Con todo, estes dirixentes históricos nacionalistas consultados, algúns xa apartados da vida política, aventuran que este idilio non acabará ben. “É pan para hoxe e fame para mañá”, din. “O Bloque non volverá ser o mesmo que foi. Agora está sendo utilizado como tonto útil dunha batalla que se libra en Madrid. O día que deixe de ser útil, comezarán os ataques contra o nacionalismo outra vez”, din. Entón, a Ana Pontón, e a ese novo BNG que representa, “comezaranlle a crecer os cornos e o rabo”. “E que farán entón os seus dirixentes, seguirán calados ou animarán a un novo Boicoz?”.

cartaz co Boicoz a La Voz de Galicia
cartaz co Boicoz a La Voz de Galicia
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 39 comentarios

25 Diego

La voz de Galicia é unha grande lacra para Galicia.

24 Laven ese porco

Aquí vos agardaba : Se queredes saber quenes son os apoiados polos medios revisade as actividades do VOSO alcalde de Oleiros (el vos apoia) , na COPE, na SER, na Voz... e qué fixo o tal? Comer en enchentas de 10000 euros ou pouco menos nun día xunto con 50 invitados seus ( como o Feixóo) porque si, non por ningún premio á sua xestión por aí adiante (como si premiaron a Lores en Nova iorque), con xabaril marinado en 4 botellas de Vega Sicilia, cordeiro, ristra de postres, etc. Lembran os vosos ao Lendoiro e as súas débedas de 200.000 euros en paparotas, ou aos rajás. E os medios? caladiños...Na Viav sempre tentaban ridiculizar ó BNG (aínda lembro ao "Falete" cas súas chorradas), na campaña apoiaban á Marea a rabiar (era sucursal do PSOE , o seu neno querido). Qué pasa agora? Non vos apoian? O que pasa é que xa cumpríchedes a "misión" de suplir ó bloco cunha forza espanhola...e Roma non paga traidores.

23 Alizerze

Mi madriña,que descubrimento! O autor quedou descansado.Pois claro,coma no 2012 foi La Voz coa súa campaña a A.G.E. a que tivo moito que ver nos seus resultados.De parcelario este artigo.

1 anonimo

Parvulario... perdón

22 Cheira a Xeira

Ía poñer "JA" moitas veces, pero o sistema de comentarios díxome que "Por favor NON BERRES. É moi molesto que utilices tantas maiúsculas. Relaxate." Segue a facerme rir. Non sei como expresalo

21 Trixpaga

E non terá que ver cos da UPG do Concello de Pontevedra?