Monforte convértese na Barcelona dos anos 20 na nova cinta de Dani de la Torre

O director de orixe monfortina rematará neste concello a rodaxe do seu último filme, La Sombra de la Ley.

Por Galicia Confidencial | Monforte | 04/09/2017 | Actualizada ás 11:27

Comparte esta noticia

O actor galego Luís Tosar  e o director Dani de la Torre (El Desconocido) rematan este luns en Monforte de Lemos a rodaxe de La Sombra de la Ley, unha cinta ambientada na Barcelona obreira dos anos 20. Con todo, a maior parte da rodaxe tivo lugar en Galicia, con decorados naturais exteriores e interiores, dos concellos de Pontevedra, Lugo e Monforte de Lemos.

O cineasta monfortino Dani de la Torre
O cineasta monfortino Dani de la Torre | Fonte: crtve.es

A longametraxe conta coa colaboración do Concello de Monforte, Policía Local e Protección Civil a través do propio concello. Un equipo de 100 persoas está na cidade con motivo da rodaxe.  Entre as localizacións máis destacadas do concello destacan as instalacións da Fundación dus Ferrocarrís de Galicia, en cuxo exterior rodarase unha complexa secuencia de acción. 

De feito, a Fundación colaborou para poñer en marcha un dos trens antigos que albergan, a locomotora Mikado. Tamén rodaron noutras localizacións da cidade, como a antiga fábrica de cerámicas, tanto no interior como no exterior, e en varios enclaves naturais. Para transformar e ambientar os lugares da rodaxe contaron cos coches de época da Fundación Jorge Jove, varios vehículos de principios de século XX conservados en perfectas condicións. 

Parte final

En Monforte teñen lugar os días finais de rodaxe, sendo a cidade elixida para finalizar a película. Precisamente, a orixe monfortina do director, tamén é unha baza. A última escena pendente filmarase nun antigo bar do barrio dos Chaos que será ambientado como unha tasca obreira dos anos 20.

Atrás quedan oito semanas de traballo en algo máis de oitenta decorados, tanto en exteriores como en interiores. A rodaxe empezou o 12 de xullo en Barcelona. Once días máis tarde, o equipo técnico, de produción e dirección e os actores desprazábanse a Galicia, onde gravaron en escenarios e localizacións exteriores da Coruña. Santiago e, sobre todo, Pontevedra, Lugo e finalmente Monforte. En Lugo utilizaron algunhas rúas da zona vella e o edificio do Círculo das Artes. No caso de Monforte, o museo do ferrocarril serviu de fondo para unha das escenas craves da película, a do asalto a un tren custodiado polas forzas de seguridade. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta