Menos clases nos colexios públicos e máis nos concertados

Os centros privados sufragados por diñeiro público abren novas aulas, incluídos tres que separan aos cativos en función do seu sexo. Ao conselleiro parécelle algo natural, produto da demanda da sociedade.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 04/09/2017 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia

O curso escolar comezará nos vindeiros días con maior peso do ensino privado concertado. En concreto, segundo datos desvelados hoxe por Comisións Obreiras, pérdense 47 novas aulas públicas de infantil, mentres que a Xunta autorizou -e subvencionará- 63 novas aulas en centros concertados, incluídos os que segregan aos cativos en función do seu sexo.

O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitando o Colexio de Fomento Montecastelo
O delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, visitando o Colexio de Fomento Montecastelo

“Queremos denunciar o aumento dos concertos educativos, sobre todo nos centros que segregan ao alumnado. Peñaredonda, Montespiño e Montecastelo aumentan 1 unidade de Ensinanza Primaria cada un deles”, indicaron en rolda de prensa esta mañá en Santiago.

Luz López, responsábel de CC.OO. Ensino, alertou hoxe que a Consellería de Educación está a negar solicitudes de centros públicos para abrir novas aulas  e polo contrario, asegura que a Xunta dálle luz verde a todas as solicitudes de apertura de aulas de por parte de centros privados, pagados con diñeiro público. Esta problemática sucede, segundo a central, sobre todo en FP onde “concertan en FP 18 ciclos de grao medio, 15 ciclos de grao superior e 19 de FPB a maiores dos xa existentes”.

A central engade que a Administración facilita cada vez máis as cousas as escolas privadas. Como exemplo, apunta que os convenios polo que diñeiro público sufraga o ensino concertado tiñan antes unha duración de catro anos, e agora o Goberno do PPdeG aumentounos a seis.

RESPOSTA DA XUNTA

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, tivo que abordar esta problemática nunha rolda de prensa posterior. Durante a presentación do transporte escolar, o mandatario tentou quitarlle ferro ao asunto argumentando que “é normal que o número de aulas varíe”. Di que sucede “todos os anos”.

Na súa opinión, isto débese exclusivamente, aos cambios naturais da demanda nas diferentes localidades, tanto na pública como na privada. “O mapa escolar é un mapa escolar vivo e responde as necesidades e demanda da sociedade”, argumentou este mediodía en Santiago. 

Segundo o detallado análise de Comisións, en total hai hai 42 unidades menos de Infantil e Primaria para este curso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 25 comentarios

3 Nexus 6

En cuanto los padres se lo pueden permitir, llevan a sus hijos a colegios concertados o directamente a la enseñanza privada. Están convencidos de que es lo mejor para ellos y creo que en la gran mayoría de los casos tienen razón. Si mi economía lo permitiese, escolarizaría a mis hijos en el Colegio Peleteiro: excelente calidad educativa, instalaciones modélicas, control del alumnado, mayores cotas de disciplina, calidad profesional del profesorado, dotación de material idónea (laboratorios, ordenadores, aulas...). Por no hablar de que allí no se permite que la chusma sindicalista y nazioindependentista campe a sus anchas por el colegio y su Proyecto Educativo para dar la tabarra con lo de la língua, la identidade y bla, bla, bla….

1 Cuñaooo

Oh grazas polo comentario. Non me ría tanto dende a voda de Garzón nos programas e revistas del cuore. Pero homiño, o teu si que ten mérito. Déixoche unha canción e un artigo (a ver se non che cansa moito a vista léndoo). https://www.youtube.com/watch?v=hvK... http://www.huffingtonpost.es/jorge-...

2 Berro de forza

Normal, todo el que puede huye de la enseñanza pública. Los pobres llevamos a nuestros hijos a la concertada. Los ricos de izquierdas, a la privada elitista.

1 Cuñaoooo

E que buscades, porque a ver... https://politica.elpais.com/politic... Deberiades de ter unhas lumbreiras que encendesen o mundo do saber e... https://blogs.elconfidencial.com/ec... Quizais o problema sexa, que a diferenza da vosa tan loubada Finlandia, aquí non se potencia a pública. En fin, falando de cuestións serias e non de cuñadismos: http://www.gabinetecomunicacionyedu...

2 Cuñaoooo

Anda, mira a ver se vai ser este o motivo de que nós sexamos unha potencia económica europea por riba de Alemaña... Ai, non, que é o revés. Que máis dá para un "cuñao" a verdade non é o importante, senón acomodala aos seus prexuízos: http://www.eldiario.es/sociedad/Esp...

3 Cuñaoooo

http://www.eldiario.es/agendapublic... Queres máis argumentos que non hargumentos para desacreditar os teus prexuízos? Hoxe estou xenerosa e ata podo perder o tempo contigo porque me dan morbo os "cuñaooos"... En fin, non son perfecta. Volvamos ao tema, se a mellora da educación fose unida á privatización a teor desta nova deberiamos esperar que Madrid liderase a educación mundial: http://www.eldiario.es/sociedad/Com...

1 anonimo7392

En el artículo 27 de la CE se dice: "3. Los poderes públicos garantizan el derecho que asiste a los padres para que sus hijos reciban la formación religiosa y moral que esté de acuerdo con sus propias convicciones." En Suecia - país cuya sociedad no está ideológicamente en posiciones de derechas -, hace tiempo que está implantado el cheque escolar.

1 Eu digo Raxoi e Feixoo

En Finlandia, os colexios privados son practicamente inexistentes. Se queres que ao teu fillo o adoutrinen en valores relixiosos sectarios coma os do OPUS ti mesmo pero págalo ti. En non quero, por exemplo ser cómplice de que co meu diñeiro a un neno ou nena se lle inculque un sentimento de culpabilidade porque sinta unha atracción natural ao sexo, sexa do xénero que sexa. A miña muller foi ás Acacias e conta cousas arrepiantes.

2 anonimo7392

O sea, que si mi ideario no se corresponde con el de educación pública entonces debo pagar por educación dos veces: primero vía impuestos un servicio que no utilizo; y después, la factura correspondiente al centro privado o concertado que haya elegido para mis hijos. Esto es un claro caso de discriminación y de restricción de libertades, y el cheque escolar ayuda a evitar ambos abusos.

3 Eu digo Raxoi e Feixoo

Eu pago impostos por unha estrada que están a construír en Guadalajara pola que probabelmente non pase na miña vida. Oxalá non teña que pasar polo quirófano nin teña que estar ingresado a pesar de que levo pagado impostos para soster a marabillosa sanidade universal. Ti terás diñeiro para ir a un hospital privado mais millóns de persoas non. Eles non teñen esa "liberdade". E poño a palabra entre aspas porque a xente de extrema dereita a utiliza dun xeito perverso. Debémonos preocupar por ter unha saúde para todos porque así estaremos todos máis sans; unha educación universal e de calidade porque así seremos unha sociedade mellor formada e máis libre. A min non me vale que o meu fillo vaia a unha escola de elite se está rodeado de persoas que non distinguen unha papeleta da outra cando votan.

4 Eu digo Raxoi e Feixoo

Falas de discriminación. Discriminación é que un neno dun pobo de Guadalajara ou dunha aldea da miña nación non poidan ir á escola porque ti te sentes discriminado porque pagas impostos. Non machiño non. Se son moitos os que pensan coma ti iremos de cu. Ti e os teus fillos e netos incluídos.

5 anonimo7392

Mezcla usted churras con merinas. Si hablamos de sanidad pública, los impuestos que pagamos se destinan a financiar los gastos de una peculiar y enorme compañía de seguros de titularidad pública a la que llamamos Seguridad Social, y que nos asegura a todos frente a eventuales incidencias relacionadas con nuestra salud; usted o yo podemos padecer un infarto de corazón, o no. La educación, en cambio, no es un seguro: si usted o yo tenemos hijos, tenemos la obligación de darles una educación.

6 anonimo7392

Por otra parte, no defiendo que no se paguen impuestos; por favor, no ponga en mi boca palabras que no he dicho. Sí defiendo que se dé un cheque escolar - con cargo a impuestos - a todos los ciudadanos con hijos escolarizados, que se podrá ser utilizado únicamente en centros educativos debidamente homologados - sean públicos, privados o concertados - a elección de los padres. También defiendo que la función de examinar a los estudiantes sea exclusiva de las administración, con el fin de evitar notas 'infladas'. Reconozco que este sistema tiene un problema: el fin de la dolce vita de muchos profesores. Así, no es de extrañar que los sindicatos defiendan lo que defienden.

7 Cuñaooo

https://blogs.elconfidencial.com/es... Que si, que si... Que xa coñecemos o conto. Anda xa, ti tómasnos por parvos. https://profesorgeohistoria.wordpre... Que non sabedes nin ser neoliberais. Eu creo que moitos dos que atacades ao ensino público é simplemente porque non fostes capaces de aprobar unhas oposicións. A proba é que todo o que escribides soa a argumentos lidos nalgún lugar e non sodes moi orixinais. http://www.elespanol.com/espana/201...