O Peixegalego xogará en EBA

O equipo marinense, que segue adiante co recurso na Audiencia para reclamar a súa praza, xogará unha categoría por debaixo da LEB Prata tras verse obrigada a FEB a ampliar a conferencia A da EBA para readmitir o CB Chantada. A liga, con dez equipos galegos, principiará o 8 de outubro.

Por gcdeportes | Marín | 13/09/2017 | Actualizada ás 09:52

Comparte esta noticia

Unha categoría por debaixo da que en xustiza lle correspondería. O CB Marín Peixegalego xogará a vindeira campaña a liga EBA, tras ter presentada a documentación pertinente e ter sido inscrito pola Federación Española de Baloncesto, a mesma que a principios de verán rexeitou a súa inscrición na LEB Prata por supostos “defectos formais” no aval bancario.

Javi Llorente, técnico peixe, dá instrucións dende o banco. / Diego Torrado / pontevedraviva.com
Javi Llorente, técnico peixe, dá instrucións dende o banco. / Diego Torrado / pontevedraviva.com

Malia a decisión “moi sopesada” de saír a competir na EBA (“parar un ano sería mortal”, din dende o club), o Marín PXG segue adiante co seu recurso na Audiencia Nacional para reclamar a praza que lle corresponde, tralo descenso o ano pasado de LEB Ouro, na LEB Prata.

A resolución do CSD de principios de mes, que recoñecía o dereito de Chantada a inscribirse na Conferencia A da EBA, obrigou á FEB a ampliar e reorganizar a competición, e retrasar o arrinque ata o 8 de outubro. “En una muestra más de la actitud, imprevisible y arbitraria de la Comisión Delegada, ha decidido ampliar la Conferencia A en cuatro equipos, para formar dos grupos de 16. No deja de ser curioso, que todos los equipos en pleitos con la FEB, están o estarían encuadrados en este grupo A, un hecho que no pasa desapercibido”, apunta o Marín PXG no comunicado no que anunciou a súa inscrición na EBA.

Marín PXG critica que a ampliación implica un aumento de custos nos desprazamentos e o incremento das xornadas fai difícil cadrar un “xa de por si cargado calendario”, un feito determinante para rexeitar a ampliación da LEB Prata pero si executado na Liga EBA, onde aínda é máis difícil “encaixar os orzamentos”.

A proposta inicial da FEB é incluír a Marín na conferencia A , grupo B, onde deste xeito habería ata dez equipos galegos: CB Chantada, Rosalía de Castro, Santo Domingo Betanzos, Baloncesto Narón, Estudiantes Lugo, Marín Peixegalego, CB Culleredo e os filiais de Obradoiro, Básquet Coruña e COB, ademáis de Xixón, Ponferrada, León, Venta de Baños, Carbajosa e Zamora. A Liga EBA (Liga Española de Baloncesto Amateur), organizada pola FEB, dispútase de xeito simultáneo en cinco conferencias (A, B, C, D e E), onde se integran os equipos por cercanía xeográfica.

Na Liga EBA, Marín atoparase con xogadores galegos que son vellos coñecicos do club, como o pivote Antonio Pantín, que volve ás pistas tras fichar polo Rosalía, ou Mario Cabanas, fichaxe estrela do CB Culleredo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta