O BNG censura que Pastor e Rajoy "consuman o desprezo a todos os galegos" coa negativa a debater sobre a AP-9

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, censurou que "o PP, con Ana Pastor e Mariano Rajoy á cabeza, acaban de consumar o desprezo a todos os galegos" coa negativa da Mesa do Congreso a que se debata a proposta para transferir a autoestrada AP-9 a Galicia.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2017 | Actualizada ás 14:38 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, censurou que "o PP, con Ana Pastor e Mariano Rajoy á cabeza, acaban de consumar o desprezo a todos os galegos" coa negativa da Mesa do Congreso a que se debata a proposta para transferir a autoestrada AP-9 a Galicia.

Pontón Pide A Feijóo A Devolución 'Gratuíta' Do Pazo De Meiras
Pontón Pide A Feijóo A Devolución 'Gratuíta' Do Pazo De Meiras | Fonte: Europa Press

Tras coñecer oficialmente que a Mesa declinou o pasado martes 5 a toma en consideración da proposición de lei, Pontón cargou contra o que considera "un acto antidemocrático", por "denegar o debate dunha lei para conseguir unha AP-9 galega e libre das abusivas peaxes".

Con todo, advertiu de que o Bloque "non tira a toalla" e vai solicitar "xa" unha reunión "urxente" da xunta de portavoces, "para que haxa unha resposta política unánime, de todas as forzas galegas, que free este auténtico atropelo democrático".

"E creo que esta resposta quen a ten que liderar é Alberto Núñez Feijóo", subliñou. "Ten que facelo se non quere seguir facendo o ridículo e pór fin ao ninguneo que Pastor e Rajoy están a facer a todos os galegos", finalizou.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta