Claves para conseguir un crédito de xeito áxil pero seguro

O constante crecemento das ofertas de créditos rápidos a través da Internet, que leva anos en constante progreso, resulta ambivalente para o consumidor. Sen dúbida pode constituír unha avantaxe, pois canta máis oferta e competencia máis posibilidades terá de atopar o que se adapta as súas necesidades e cos tipos de interese e prazos de devolución máis acaidos.

Por GC Emprende | Santiago de Compostela | 21/09/2017 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

Con todo, por outra parte, a avalancha de opcións no mercado actualmente pode chegar a ser un pesadelo para os emprendedores e as familias, que teñen que gastar moito tempo do seu prezado tempo comparando as ofertas dispoñíbeis. Dende a perspectiva dun bo emprendedor, cómpre sempre ter en conta que o tempo é un ben moi escaso, en realidade dos máis escasos que hai nas primeiras fases do negocio. Así, as horas que invistamos en buscar financiamento na rede ou peregrinando polas oficinas bancarias son horas que non poderemos investir en outros puntos igual de básicos para a exitosa posta en marcha ou mellora do noso plan de negocio.

Comprando en liña mediante tarxeta de crédito e tomando un café diante do computador
Comprando en liña mediante tarxeta de crédito e tomando un café diante do computador

Afortunadamente, na Internet tamén existen numerosos comparadores de créditos, como por exemplo http://crediteria.es/ , que, usando un pouco de sentidiño, nos poden axudar a comparar ofertas de créditos rápidos sen botar días e días mergullándonos nos distintos portais web dos operadores bancarios virtuais.

A tal altura, todos sabemos que os créditos rápidos, tamén coñecidos como minicréditos, presentan numerosas avantaxas sobre a banca tradicional. Son áxiles, moito menos complicados de tramitar a nivel de burocracia e papeleo que as ofertas das oficinas bancarias habituais e podemos solicitalos, e incluso obter unha resposta positiva e formalizar o contrato, literalmente en cuestión de minutos dende a conexión a Internet do noso fogar ou oficina. 

Agora ben, hai que recordar o evidente, ninguén regala duros a prezo de peseta. A rapidez e posibilidade de obter efectivo sen aportar avais,  ou aportando uns avais moi limitados como unha simple nómina, non nos sairá gratis de todo, senón que repercute loxicamente na taxa de interese máis elevada, especialmente se non facemos fronte ao pago en tempo e forma. Por iso, como calquera outra operación financeira, é necesario, ademais de comparar ofertas, planificar que consecuencias terá no noso negocio ou na nosa economía familiar a medio e longo prazo.

A regra de ouro que recomendan dende as organizacións de conumidores e usuarios é facer todos os cálculos para ter a garantía total de poder devolver o recibido a curto prazo. Ademais, quen solicite estes préstamos debe estar atento posíbeis problemas como, por exemplo, aportar datos confidenciais das súas finanzas innecesarios para esa operación ou que lles muden dun día para outro os intereses pola letra pequena.

Outros consellos útiles son elaborar un plan financeiro que nos permita poder afrontar as cotas sen problemas, ler con moita pausa as condicións, ter en conta a lexislación específica e, sobre todo, comparar ben o que se escolle nos referidos comparadores. E é que as diferencias que mostran indicadores como o TAE entre os diferentes operadores poden ser abismais. Así, no mercado pódense atopar TAE razoábeis, pero tamén completamente disparatados. 

Tags: BANCA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta