Dous minutos que compensan a espera de 800 anos polo Pergamiño Vindel

A obra que contén as sete cantigas de amigo de Martín Codax xa se expón no Museo do Mar de Vigo. O Pergamiño foi sacado por dous minutos na urna na que se conserva para ser mostrado aos medios. En marzo de 2018 volverá a Nova York.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 29/09/2017 | Actualizada ás 13:49

Comparte esta noticia

Por tan só dous minutos e baixo unha luz moi tenue, o Pergamiño Vindel amosouse por primeira vez aos galegos, en Vigo. Tras dous días de aclimatación nunha sala especialmente deseñada para acollelo, o manuscrito, que chegou á cidade procedente da Morgan Library&Museum de Nova York, abandonou a urna que o contén no Museo do Mar de Galicia para ser mostrado onte aos medios de comunicación, case dúas semanas antes da inauguración da exposición 'Un tesouro en sete cantigas', na que será a peza central, informa a Univesidade de Vigo.

O Pergamiño Vindel, exposto en Vigo
O Pergamiño Vindel, exposto en Vigo | Fonte: UVigo.

Baixo a atenta mirada do reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato; do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez; do secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director do Museo do Mar de Galicia, Vicente Caramés e o comisario da exposición, Francisco Singul, o técnico de conservación da Morgan Library, propietaria desde 1977 do pergamiño que recolle as sete cantigas de amigo do trobador Martín Codax, Frank Trujillo, foi o encargado de retirar e volver depositar o manuscrito na urna que o albergará ata o mes de marzo de 2018, cando abandonará Galicia para regresar a Nova York.

“Xa temos o Pergamiño Vindel xunto ás ondas que o viron nacer na ría de Vigo”, dixo o reitor da Universidade de Vigo, que amosou a súa satisfacción pola expectación que o manuscrito, que contén a obra de Martin Codax, está a espertar desde a súa chegada á cidade o pasado martes. Mato tamén aproveitou a súa comparecencia para animar ás galegas e galegos a visitar “esta xoia que ten un valor enorme, porque tras el está o sentimento de todo un pobo e toda unha cultura que é Galicia”, na exposición que o 10 de outubro inaugurará o Rei emérito Juan Carlos I, e que porá o broche de ouro ás xestións que a Universidade de Vigo iniciou hai dous anos coa Morgan Library para acadar o regreso do Pergamiño Vindel a Vigo.

Pola súa banda o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destacou a importancia dun documento que na súa orixe “estivo vinculado ás elites e agora a maior parte das galegas e galegos poderán coñecer”. Román Rodríguez referiuse ao Pergamiño Vindel como un motivo de orgullo para a lingua e a cultura e como “ a clave de bóveda do sentir do noso pobo”.

O director do Museo do Mar de Galicia foi o encargado de explicar os detalles do proceso de adecuación do espazo para poder mostrar o Pergamiño, que permitiu crear “un pequeno museo dentro doutro museo”. Vicente Caramés, que cualificou o Museo do Mar como “un continente marabilloso”, explicou que a exposición do manuscrito esixiu que se habilitase un espazo onde poder controlar as condicións de iluminación e humidade e que fose fácil de vixiar. “A obra realizouse nun espazo de 206 metros cadrados e unha bendición porque é un investimento de futuro para o museo e moito mellor que o resto do museo”, dixo Caramés que cifrou en preto de 200.000 euros o investimento realizado para expor o documento, que asegurou “aguantou moi ben o paso do tempo” e que foi restaurado en varias ocasións “e tratado con cariño”. 

En canto ao contido da exposición, na que o Pergamiño Vindel será a peza central, o seu comisario, Francisco Singul, reiterou que as sete cantigas de Martin Codax son a inspiración da mostra “na que haberá obras da cultura galega do século XIII, que as contextualicen e achegas da cultura contemporánea viguesa e galega”.

O EVENTO CULTURAL MÁIS IMPORTANTE EN GALICIA

Na primeira presentación pública da obra de Codax tralo seu regreso a Galicia, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria referiuse a exposición na que o Pergamiño Vindel será o epicentro, como “o evento cultural máis importante de 2107 e dos primeiros meses do 2018 en Galicia”. Román Rodríguez asegurou que máis aló das cifras de futuros visitantes o importante é o valor que o manuscrito ten para “unha cultura milenaria da que debemos sentir san orgullo”.

Despois que Román Rodríguez recriminase ao Concello de Vigo “deixar varado o Pergamiño” e asegurar que non hai ningún tipo de rexeitamento a que a administración local participe nos actos públicos que se están a celebrar arredor do manuscrito, foi o reitor Salustiano Mato o que sinalou que a Universidade traballa con todo o mundo con lealdade institucional e que “o importante é que todas as institucións apoian o obxectivo de traer xoias como esta que nos permite ás galegas e galegos sentirnos orgullosos do que fomos e de ser quen de conservar o idioma co que no século XIII facía cultura”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 7 comentarios

4 Anônimo

Porque as folhas estám com vários furados? Alguém sabe? https://materiasdidaticosetraducoes...

3 anonimo

Deus, canto complexo ( os galegos temos ainda que aprender a seren galegos ) canto panfletadiña resesa ( asoballamento secular ) canta trécola recociñada. O conto do eterno victimismo, nun pais cas pensións subvencionadas a tope, ainda ten parroquia. Moi resesa ideolóxicamente e marxinal, pero que da a lata.

1 Alumeado

¡¡E eu que pensei que as pensións eran un dereito!!, grazas por informarme e sacarme do meu erro, e grazas aos nosos magníficos dirixentes por subvencionar aos xubilados galegos

2 NPG

De seguro que a metade, polo menos, dos altos cargos alí presentes descoñecían o que é o Vindel. NOs libros españois de literatura (e de música), as cantigas son tratadas case coma un rumor lonxano, pero métennos a ferro o valor do Cid. Contidos galegos no noso ensino!!! O Vindel para sempre na nosa terra!!!

1 Suso Moinhos

É que nom deveriam aparecer nos livros de literatura espanhola. O conceito "literatura espanhola" utilizado nos livros de texto, bem como na maioria de estudos filológicos e obras divulgativas, refere-se à literatura feita no território de Espanha em espanhol. A literatura medieval galega nom é, portanto, literatura espanhola, segundo esse significado restringido do termo.

1 Navegante

Fóra o bribón da inauguración!

1 Antinostrus

Eu non sei que pintará aí, no sarao inaugurativo, o puteirobourbon..... conspícuo representante do aparello causante do Asoballamento Secular da Galiza...e coa connivencia das nosas presuntas "Autoridades" ...en Catalunya seria Impensabel......canto temos, aínda, de apreender os galegos para non sermos vergonzantes Porcus Nostrus....... re-dobradores de cervix e vendidos ao mellor postor!!!....Masokismo puro e duro.....