Centos de policías galegos pídenlle ao Goberno que reaccione en Cataluña

Policías, representantes sindicais e familiares maniféstanse arestora diante das comisarías da Policía Nacional no país. Baixo o lema “polo estado de dereito, goberno reacciona!” denuncian o “acoso” que din estar sufrindo os axentes desprazados a Cataluña por parte dos soberanistas. De non tomar medidas Rajoy, din que pedirán a súa dimisión.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 03/10/2017 | Actualizada ás 14:06

Comparte esta noticia

Cómpre lembrar que aproximadamente uns 200 policías e gardas civís galegos están servindo en Cataluña ao fío do referendo de independencia. 

Manifestación fronte a Comisaría de Ferrol en apoio dos axentes desprazados a Cataluña
Manifestación fronte a Comisaría de Ferrol en apoio dos axentes desprazados a Cataluña | Fonte: SUP

UNIDADE SINDICAL

As concentracións de hoxe están convocadas por parte de case todos os colectivos da Policía Nacional: SUP, CEP, UFP, SPP e ASP. Reclaman, enarborando a unidade de acción, unha “resposta contudente do Estado ante o maior atque sufrio pola Policía Nacional nos máis de 150 anos de historia ao servizo dos españois”.

Os sindicatos advirten que se deben tomar medidas urxentes contra a “persecución e sinalamento” que din están a sufrir os policías en Cataluña. Cómpre lembrar que o presidente da Generalitat pediu este luns a retirada das forzas desprazadas co gallo da consulta despois da súa actuación, que deixou centos de feridos.

A vicesecretaria do SUP Galicia, o sindicato máis numeroso na policía en Galicia, indica que os policías “están facendo o seu traballo e cumprindo un mandato xudicial”. Sandra Castro argumenta que as cargas producíronse porque hai resolucións xudiciais que din que “non se podía votar, non se podía facer eleccións”.

Manifestación fronte a Comisaría da Coruña en apoio dos axentes desprazados a Cataluña
Manifestación fronte a Comisaría da Coruña en apoio dos axentes desprazados a Cataluña | Fonte: SUP

Castro, en declaracións a RNE, critica a labor dos Mossos ao lembrar que os policías “non contaban co apoio de todos os que tiñan que estar presentes, e continúan sen telo”. De non tomaren medidas, os policías din que pedirán a dimisión do seu director, do Ministro do Interior e incluso do Presidente do Goberno.

 

SANTALICES PIDE RESPECTO Á LEI

 

Por outra banda, o presidente do Parlamento Galego pronunciouse hoxe en contra dos pasos cara a independencia consumados pola cámara catalana e a Generalitat.  “Sobre os servidores públicos recae un especial responsabilidade de respetar as leis” dixo Miguel Santalices. O deputado do PPdeG alertou que “á marxe do dereito só queda a arbitrariedade e o totalitarismo”.

 

“NON QUITARLLE NADA A NINGUÉN PARA DARLLO A GALICIA”

 

Sobre unha eventual negociación que redefina o mapa de España, o vicepresidente da Xunta dixo esta mañá que o goberno galego estará “atento”. Alfonso Rueda presumiu que “seremos os primeiros en defender aquelo que lle corresponde a Galicia, pero non contra ninguén, non para sacarllo a ninguén e darllo a Galicia”. O número 2 do PPdeG recoñeceu que era inevitable que o tema catalán se aborde no Debate de Estado da Autonomía, que comeza mañá.

Manifestación fronte a Comisaría de Santiago en apoio dos axentes desprazados a Cataluña
Manifestación fronte a Comisaría de Santiago en apoio dos axentes desprazados a Cataluña | Fonte: SUP
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 31 comentarios

9 DDdh

deixade de pegarlle a xente ... sinvergonzas!

8 Paz e progreso

O que faltaba, Policia política, coma nos millores tempos do franquismo ou a STASI. No efectivo de loita contra o crime e no centifico cada vez a Policia é mais deficente, pero a hora de mallar no pobo é facer o que non deben...Vaia xestión Marianito ao que o New York Times chama matón e deficiente mental. Cando acadou o goberno había un 20 % de independentismo na sociedade catalana, agora case iguala os que o rexeita. Estes pensan que están na aldea, que entras polo seu rego, ou tes que emirgrar.

7 Sor Aya de TosPPedal

¡Expulsión de Cataluña de España ya!

6 Maxwell Smart

Hoxe os de Ferrol non poideron estar xogando aos dados polos bares, durante a súa xornada de traballo