Galicia aposta polo turismo de estrelas cun novo observatorio astronómico na Veiga

Esta infraestrutura estará destinada tanto a usos académicos e científicos como a obradoiros para afeccionados e visitantes.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 06/10/2017 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O Concello da Veiga contará cun gran observatorio astronómico. O seu obxectivo será potenciar Galicia como destino turístico Starlight e, tamén, servir como centro de investigación científica e académica.

A chvuia de estrelas ou bágoas de San Lourenzo ten lugar a comezos de agosto
A chvuia de estrelas ou bágoas de San Lourenzo ten lugar a comezos de agosto

O futuro observatorio astronómico constará dun edificio con criterios de eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables e estará equipado, ademais, dun planetario de última xeración. Segundo informa a Xunta, será unha infraestrutura destinada tanto para usos científicos e académicos como para afeccionados e visitantes e tamén terá un espazo para exposicións onde se poderán programar igualmente charlas, xornadas e obradoiros.

"Con esta actuación, a Xunta de Galicia impulsa a divulgación da ciencia e da astronomía ao mesmo tempo que estimula novas vocacións científicas e se converte nun foco de atracción de visitantes fomentando o turismo astronómico", apuntou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, este xoves logo da rolda de prensa posterior ao Consello.

Esta infraestrutura está situada no que é un dos dous destinos Starlight da Comunidade galega, é dicir, lugares visitables que posúen excelente calidade para a contemplación dos ceos estrelados e a práctica de actividades turísticas baseadas neste recurso. 

O observatorio custará máis de 600.000 euros e é froito dun acordo de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Turismo de Galicia, o Instituto Enerxético de Galicia (da Consellería de Economía, Emprego e Industria), a Deputación de Ourense e o Concello da Veiga para a súa realización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Wowowo

Por fin falades algo ben da miña terra. O concello mais fermiso de Galicia.

1 cesc

O Hollywood galego