Setembro de 2017 foi o máis frío dos últimos 21 anos en Galicia

O pasado mes de setembro foi o noveno mes máis frío dos últimos 21 anos en Galicia, segundo o último informe climatolóxico publicado por Meteogalicia, que indica que neste período se rexistraron temperaturas medias ata un grao por baixo do normal.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2017 | Actualizada ás 12:43 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

O pasado mes de setembro foi o noveno mes máis frío dos últimos 21 anos en Galicia, segundo o último informe climatolóxico publicado por Meteogalicia, que indica que neste período se rexistraron temperaturas medias ata un grao por baixo do normal.

Este feito debeuse a que a Comunidade quedou nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, coa chegada de aire húmido, o que impediu o ascenso das temperaturas diúrnas, segundo destaca a Consellería de Medio Ambiente nun comunicado.

Esta baixada das temperaturas en setembro afectou tanto as máximas como ás mínimas, que presentaron unha anomalía de 1,20 e 0,75 graos, respectivamente, menos do que cabería esperar nesta época do ano.

Deste xeito, o valor medio das máximas para Galicia foi de 21,3 graos, rexistrándose as temperaturas máis baixas nas zonas altas da Mariña lucense e na montaña de Lugo e Ourense, onde os termómetros roldaron os 14 graos; e as máis altas na comarca do Ribeiro e Verín, con índices superiores aos 28 graos.

En canto ás precipitacións, o mes de setembro caracterizouse por ser un mes seco no norte e moi seco no sur, onde houbo zonas nas que non choveu en todo o período. Así, setembro deixa valores medios de precipitación un 62% por baixo do que cabería esperar para esta época do ano.

Excepto na Mariña máis costeira, lixeiramente húmida con índices un 26 por cento por encima do normal; gran parte da Comunidade galega presentou valores á baixa, especialmente na provincia de Ourense, onde houbo lugares nos que se rexistraron cero precipitacións.

Así, a choiva media rexistrada en Galicia foi de 32 litros por metro cadrado, sendo a comarca de Ferrol onde se rexistrou o índice máis alto de precipitacións, con 113 litros por metro cadrado.

En definitiva, as choivas en xeral escasas debido, en gran parte, a que o mes de setembro estivo condicionado polas altas presións preto das Illas Azores, que apenas conseguiron frear as frontes atlánticas e tocaron Galicia moi debilitadas e só na zona norte.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta