Guerra contrata con un alto cargo do PP vigués

O conselleiro de Economía pagará máis de medio millón en anuncios á axencia dun ex-concelleiro e compañeiro de militancia no PP de Vigo.

Por Walter Burns | Vigo | 01/11/2010 | Actualizada ás 10:30

Comparte esta noticia

Juan Francisco Martínez Herrera Escribano é alto cargo no comité de dirección do PP de Vigo, partido polo que foi concelleiro. Segundo os datos do Rexistro Mercantil consultada por GC, o secretario executivo de Acción Territorial do PP vigués ten a metade das accións da consultora “Canal Uno de Comunicación S.L”.

None

Esta axencia acaba de gañar un concurso de máis de medio millón de euros para facerlle unha campaña de publicidade á Consellería de Economía. A consellería está dirixida por Javier Guerra, tamén militante do PP vigués.

Guerra gastará máis de 590.000 en anuncios co obxectivo de crear “unha nova mentalidade (...) do orgullo de facer as cousas máis como as fan os países máis avanzados do mundo”. Máis do 40% dos cartos públicos gastaranse en mercar espazo en diarios, mentres que para internet queda o 6% da campaña.

Non é a primeira vez que empresas de Juan Francisco Martínez Herrera son polémicas por lograr adxudicacións de administradoras gobernadas polos seus compañeiros de partido.

Canal Uno, principal axencia da era Porro no Concello

Corina Porro, líder do PP olívico, contratou con Canal Uno máis de 614.000 euros cando era alcaldesa.

O enorme gasto en propaganda de Porro na súa etapa como edil foi moi partidista, segundo explicara El País.

Ademais de Canal Uno, Asesores de Servicios Integrales de Comunicación, S.L. (Abano), de Gestión Asesoramiento y Mediación, S.L. (Mega) y de Asesores de Servicios Integrales de Publicidad, S.L. (Significantia) facturaron ao concello máis de 400.000 euros. As tres empresas estaban relacionadas con Mapi Egea, que fóra xefa de gabinete de Porro.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

2 sendón

si o caso atinxise ao bng... montábase a marimorena... canta impunidade...

1 Millenium

e que co PP xa estamos afeitos, ninguén se sorprende con isto a verdade

1 farto

Para non variar, carguiños do PP apañando cartiños para dárllos aos seus amiguiños