Máis de 150 hectáreas queimadas no Courel nunha zona de alto valor ecolóxico

O incendio forestal comezou o mércores en Folgoso do Courel (Lugo). Galicia rexistra 11 incendios na provincia de Ourense, tres na de Lugo e outro na de Pontevedra. Os sindicatos denuncian improvisación

Por E.P. | LUGO | 13/10/2017 | Actualizada ás 13:16

Comparte esta noticia

Mediados de outubro e Galicia arde por todos os recunchos. Son xa quince os grandes lumes que hai en todo o país. E un deles, declarado ás 7,27 horas do mércores na parroquia de Meiraos no municipio de Folgoso do Courel (Lugo) afecta a zona de Rede Natura de "alto valor ecolóxico".

Incendio no Courel
Incendio no Courel | Fonte: BRIF Laza

Así o confirmaron a Europa Press fontes da Consellería do Medio Rural e a alcaldesa de Folgoso do Courel, Dolores Castro Ochoa, quen recalcou que "o 96 por cento" do municipio está dentro de Rede Natura.A rexedora subliñou que este lume foi "provocado descaradamente" e lembrou que a zona xa ardera en 2013 "e volveron prender outra vez", lamentou.

Aínda que sinalou que non hai risco para vivendas nin núcleos poboados, a alcaldesa explicou que ardeu, sobre todo, zona de monte raso incluída en Rede Natura, que ten "un alto valor ecolóxico". "Se chove esperamos que se recupere pronto todo", concluíu.

Segundo os datos difundidos por Medio Rural, este lume comezou ás 7,27 horas do mércores e está perimetrado. As estimacións provisionais sitúan a superficie queimada nunhas 150 hectáreas.Para controlar este lume mobilizáronse un técnico, seis axentes, 34 brigadas, 13 motobombas, seis pas, nove helicópteros e tres avións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta