Temas: INCENDIOS LUMES

A terrible vaga de lumes de Galicia deixa xa tres mortos e casas ardidas

A terceira vítima mortal atopouse na parroquia de Abelenda, en Carballeda de Avia, e morreu tratando de salvar a súa casa e un rabaño de cabras. Outras dúas faleceron calcinadas ao quedar atrapadas nun vehículo. O lume queimou tamén varias casas.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 16/10/2017 | Actualizada ás 07:34

Comparte esta noticia

Xa son tres os mortos pola terrible vaga de lumes de Galicia. Unha persoa de idade avanzada, veciño da parroquia de Abelenda, de 78 anos, no municipio de Carballeda de Avia (Ourense), converteuse na terceira vítima mortal por mor da vaga de incendios que afecta a Galicia. Tamén hai casas ardidas en varios concellos e non se descarta atopar moitas máis cando os lumes sexan controlados.

A xente saíu a rúa para tentar apagar os lumes en numerosas partes de Galicia, como en Vigo
A xente saíu a rúa para tentar apagar os lumes en numerosas partes de Galicia, como en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

Segundo confirmaron a Europa Press fontes da Consellería do Medio Rural, o cadáver deste terceiro falecido foi achado nun galpón situado detrás da súa casa. A hipótese barallada é que o home quixo ir apagar pola súa conta e risco as lapas que cercaban a súa vivenda, e salvar un rabaño de cabras, pero caeu e non foi capaz de levantarse, ata que foi alcanzado polas lapas.

Pola súa banda, as dúas vítimas mortais achadas nun vehículo que quedou atrapado polo lume no municipio pontevedrés de Nigrán tiñan idade avanzada e foron recollidas por unha veciña para tratar de escapar das lapas.

Atrapadas nun camiño forestal

O relato dos feitos achegado a Europa Press por fontes municipais sinala que a policía abriu un camiño e indicouse aos veciños que podían saír por alí. No entanto, cambiou o vento e sinaláronlles que tiñan que dar marcha atrás, pero manobrando o vehículo quedou atrapado e xa non puideron saír.

Veciños de Gondomar contemplan como o lume se achega ás súas casas, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Veciños de Gondomar contemplan como o lume se achega ás súas casas, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Ao parecer, cando se deu a orde de desaloxo na parroquia de Chandebrito, a condutora do vehículo foi recollendo a outros veciños. As fontes municipais consultadas indicaron que hai equipos de psicólogos atendendo aos afectados.

O concelleiro de Urbanismo, Mobilidade, Medio Ambiente e Persoal, Diego García, que definiu a situación como "un panorama desolador", remarcou que foi necesario abrir camiños para liberar aos veciños atrapados entre as lapas na área de Chandebrito, onde se está impedindo o acceso aos cidadáns polo denso fume.

“Rección extraordinaria”

A pesar de todo, destacou que os veciños "reaccionaron de forma extraordinaria" ante o sucedido. "Salvaron eles a metade das casas, deron auga, comida, mantas...", puxo en valor, insistindo en que a xente se axudou entre si e tamén aos corpos de seguridade.

Temor pola aparición de novas vítimas

Durante a noite temeuse pola morte doutros tres veciños tamén de Carballeda de Avia, pero finalmente foron localizados a salvo.

Con todo, os bombeiros suliñaron a GC que non se descartan atopar máis vítimas de xente que puidera ter quedado atrapada na casa ou nalgún camiño veciñal.

Casas queimadas

En varias parroquias galegas queimaronse casas. A última, de madrugada, nas Neves. Os corpos de seguridade e os bombeitos tamén temen que cando os lumes sexan controlados naquelas zonas que foron desaloxadas aparezan moitas vivendas ardidas pola súa proximidade aos lumes, sobre todo, nalgún dos lumes de Ourense, como en Carballeda de Avia, e do sur de Pontevedra, en Chandebrito, en Nigrán e Vincios, Gondomar.

Temas: INCENDIOS LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

6 vaga_lumes

Levamos 50 anos con vagas de lumes no verán e a xustiza, os medios e as forzas do orde non fixeron NADA: nin unha campaña informativa por parte dos medios para falar das taras mentais dos pirómanos ou dos efectos ambientais dos lumes no monte, nin investigacións e estatísticas sobre quen está detrás disto, nin lexislación, nin , polo que se ve, probas. O único plan razoable foi o de poñer á xente ao coidado da limpeza do rural, poñer en valor os refugallos para recompensa económica e en resumo implicarse todos. De feito todo iso non bastaba, había que seguir e ampliar as medidas. Pero claro, era o inimigo político e ao chegar ao poder había que desacreditalo (mais cartos se movían metendo persoal a apagar lumes). Seguide así.

5 Vaga_lumes

Feijóo dixo que esto é feito por unha trama. Debe ser a trama que no 2006 fixo que a prensa estatal culpara da vaga de lumes no monte ao feito de que se pediran coñecementos do galego (xa sabemos de onde ven esa idea do idioma prioritario). Paga a pena lembrar o que dixo o autor do lume que matou dúas mulleres en Cerdedo, cando foi exonerado por unha xuíza logo de chegar Feijóo ao poder: "Eu sempre vou pola DEREITA do camiño, nunca pola ESQUERDA, e o lume empezou pola esquerda" (lembrar tamén que este señor tiña o apoio do alcalde ppeiro). Se fose inocente ¿onde están as pescudas posteriores para determinar o autor deses HOMICIDIOS? ¿E agora tamén van quedar impunes os autores destes HOMICIDIOS?

4 galegas

Tranquilos, isto xa o arranxa o presidente http://www.encontroirmandinho.org/g...

3 Fada laverca

Quero falar do orgullo de ser galega, do orgullo de ver coma o meu pobo, só e abandonado nun primeiro momento e acompañado da solidaridade de xentes de todas as Españas despois, sacaron coas súas mans o chapapote do mar e onte loitaron con elas contra o lume. Non podo dicir moito máis, só expresar as miñas condolencias as familias dos falecidos. Grazas cidadáns galegos. Sodes un exemplo de que o verdadeiro patritotismo non é o de envolverse nunha bandeira, senón o de loitar contra as chamas e axudar ao veciño. Creo que, francamente, os nosos políticos non nos merecen e quizais esa sexa a nosa gran desgraza histórica. Pero vós, vós sodes valentes, humildes e bravos. Un exemplo que debería ser coñecido fóra do que significa ser solidario e valente. Grazas.

1 Ferrolano

Mira es hora de estar unidos no de hacer política me das lástima, que con los muertos en caliente aprovechemos para criticar esto no lo arregla nadie

2 Nexus 3.0

Mejor le chupamoz la manguerita a Frijoles!!!

3 Fada laverca

Ao número 1 que me di que lle dou lástima: Mira, aquí o único que fas politiquería es ti, non te confundas, eu fago política porque son un ser pensante e polo tanto político (xa que me ocupo dos asuntos relacionados cos cidadáns coma cidadá que eu son... Eche o que ven a significar a palabra política). Agora ben, o teu comentario é tan mesquiño que non merecería resposta, ou merecería lembrarche algunhas novas doutros tempos. Non o vou facer porque entre ti e eu hai un mundo, xa que fai falla ser moi malpensado para acusarme de algo tan terrible. Se ti vivises cunha persoa con severos problemas de saúde que lle dificultan a respiración e cunha nai de case 90 anos e tiveras durmido tres horas na noite, xa que malia non ter ningún incendio cerca, ata na habitación (e teño dobre ventá e triple cristal) cheiraba a fume e levanteime varias veces a comprobar se había algún incendio cerca ao mellor entendías o que estaba tentando escribir.

4 Fada laverca

Pero ti nin me entendes nin me entenderás. Nin entendes nin entenderás a intranquilidade que sentimos polos nosos familiares que están en primeira liña loitando contra esta praga que nos asolou onte. E si, eu creo que si se pode se non arranxar mellorar, pero para iso faría falla que a xente coma ti tivese a valentía dos verdadeiros patriotas e recoñecese que cómpre cambiar e mellorar. Eu non che consinto que me escribas isto porque sei moi ben o que sofren os que están defendendo a súa terra e loitando contra o lume ou os que regaron América e Europa coa súa suor e as súas bágoas para traballar moi duramente coma emigrantes e enviar divisas que axudaron, coma di miña nai, a levantar o "país" e para ela o país é España. http://praza.gal/movementos-sociais...

5 Fada laverca

Non tes ningún dereito a escribir isto. Ningún e así o farei saber aos meus veciños e familiares votantes de dereitas porque hai ofensas que cómpre non esquecer nunca e a túa foi moi grave. Ti sabes o que é que as casas dos teus familiares corran perigo polo lume? Eu si. Vivino con oito anos. Así que vaille dar as leccións a quen chas ature. A min non. A ver quen te cres que eres? Estou farta da vosa chulería e pretendida superioridade moral.

2 Fada laverca

Onte, mentres o fume se achegaba malia estar ben lonxe de calquera incendio vivía ao borde da desesperación: coma os medios non estaban a falar daquel horror en forma de incendio que descendeu sobre Galicia? Hoxe, sigo tendo moita rabia polo abandono, pola irrelevancia que os medios da capetal e os rexionais (cando menos nun principio) lle deron ao inferno de lume que se desatou na miña terra. Pero, non quero falar de rabia, nin de tristeza, nin da terrible sensación de abandono... Terrible.