Temas: INCENDIOS LUMES

A terrible vaga de lumes de Galicia deixa xa tres mortos e casas ardidas

A terceira vítima mortal atopouse na parroquia de Abelenda, en Carballeda de Avia, e morreu tratando de salvar a súa casa e un rabaño de cabras. Outras dúas faleceron calcinadas ao quedar atrapadas nun vehículo. O lume queimou tamén varias casas.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 16/10/2017 | Actualizada ás 07:34

Comparte esta noticia

Xa son tres os mortos pola terrible vaga de lumes de Galicia. Unha persoa de idade avanzada, veciño da parroquia de Abelenda, de 78 anos, no municipio de Carballeda de Avia (Ourense), converteuse na terceira vítima mortal por mor da vaga de incendios que afecta a Galicia. Tamén hai casas ardidas en varios concellos e non se descarta atopar moitas máis cando os lumes sexan controlados.

A xente saíu a rúa para tentar apagar os lumes en numerosas partes de Galicia, como en Vigo
A xente saíu a rúa para tentar apagar os lumes en numerosas partes de Galicia, como en Vigo | Fonte: Miguel Núñez

Segundo confirmaron a Europa Press fontes da Consellería do Medio Rural, o cadáver deste terceiro falecido foi achado nun galpón situado detrás da súa casa. A hipótese barallada é que o home quixo ir apagar pola súa conta e risco as lapas que cercaban a súa vivenda, e salvar un rabaño de cabras, pero caeu e non foi capaz de levantarse, ata que foi alcanzado polas lapas.

Pola súa banda, as dúas vítimas mortais achadas nun vehículo que quedou atrapado polo lume no municipio pontevedrés de Nigrán tiñan idade avanzada e foron recollidas por unha veciña para tratar de escapar das lapas.

Atrapadas nun camiño forestal

O relato dos feitos achegado a Europa Press por fontes municipais sinala que a policía abriu un camiño e indicouse aos veciños que podían saír por alí. No entanto, cambiou o vento e sinaláronlles que tiñan que dar marcha atrás, pero manobrando o vehículo quedou atrapado e xa non puideron saír.

Veciños de Gondomar contemplan como o lume se achega ás súas casas, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Veciños de Gondomar contemplan como o lume se achega ás súas casas, en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

Ao parecer, cando se deu a orde de desaloxo na parroquia de Chandebrito, a condutora do vehículo foi recollendo a outros veciños. As fontes municipais consultadas indicaron que hai equipos de psicólogos atendendo aos afectados.

O concelleiro de Urbanismo, Mobilidade, Medio Ambiente e Persoal, Diego García, que definiu a situación como "un panorama desolador", remarcou que foi necesario abrir camiños para liberar aos veciños atrapados entre as lapas na área de Chandebrito, onde se está impedindo o acceso aos cidadáns polo denso fume.

“Rección extraordinaria”

A pesar de todo, destacou que os veciños "reaccionaron de forma extraordinaria" ante o sucedido. "Salvaron eles a metade das casas, deron auga, comida, mantas...", puxo en valor, insistindo en que a xente se axudou entre si e tamén aos corpos de seguridade.

Temor pola aparición de novas vítimas

Durante a noite temeuse pola morte doutros tres veciños tamén de Carballeda de Avia, pero finalmente foron localizados a salvo.

Con todo, os bombeiros suliñaron a GC que non se descartan atopar máis vítimas de xente que puidera ter quedado atrapada na casa ou nalgún camiño veciñal.

Casas queimadas

En varias parroquias galegas queimaronse casas. A última, de madrugada, nas Neves. Os corpos de seguridade e os bombeitos tamén temen que cando os lumes sexan controlados naquelas zonas que foron desaloxadas aparezan moitas vivendas ardidas pola súa proximidade aos lumes, sobre todo, nalgún dos lumes de Ourense, como en Carballeda de Avia, e do sur de Pontevedra, en Chandebrito, en Nigrán e Vincios, Gondomar.

Temas: INCENDIOS LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 11 comentarios

1 Precio de la madera

Si cuatro okupas encienden una vela la policía nacional los identifica en 5 minutos y les abre un expediente. Salen en la tele trescientas veces y se insiste en que son una lacra social. Si los que ya sabemos todos queman Galicia, se les pide, casi se les ruega, que tengan un poco de sensibilidad. Y se mantienen las leyes como están para que pueda volver a quemar toda Galicia, no vaya a ser que se ofendan.