Piden o cese do xefe de redacción da Radio Galega por chamar “carroñeiros” aos cidadáns que protestan contra o lume

O Comité Intercentros da CRTVG di que as declaracións de Luis Ojea “son partidarias, ofensivas e impropias dun responsábel dunha canle de titularidade pública, que debe respectar os principios de integridade, honestidade, imparcialidade, obxetividade”.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 26/10/2017 | Actualizada ás 17:55

Comparte esta noticia

O Comité Intercentros da CRTVG pediulle este xoves ao director xeral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo, que proceda a cesar “de forma inmediata” ao Xefe de Redacción da Radio Galega, Luis Ojea

Luis Ojea, xefe de informativos da Radio Galega
Luis Ojea, xefe de informativos da Radio Galega | Fonte: CRTVG

A través dun escrito, o comité expresoulle o seu malestar e rechazo polas opinions verquidas por Ojea nunha coluna de opinión no ABC Galicia titulada “Carroñeiros da desolación”, e no que criticaba aos cidadáns e partidos políticos que acudiron ás manifestacións convocadas contra os lumes.

O Comité Intercentros  considera que as opinions de Luis Ojea son “partidarias e ofensivas” contra as plataformas e organizacións cidadás que democráticamente exercen o seu dereito de opinión e manifestación. “Son impropias dun responsábel dunha canle de titularidade pública, que debe respectar os  principios de integridade, honestidade, imparcialidade, obxetividade e respecto ao marco xurídico e á cidadanía, conforme ao establecido na Lei 1/2016, de 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno”, denuncia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 9 comentarios

5 Zasvarela crego

Bén te entendo Luis ....e fas bén faltar ao respeto ,pois para eso cobras ademáis para eso te puxeron no cárrego, cumples cos teus amos , Ademais os votantes dos teus amos son xente a que o sofrir a fai feliz , dalles tralla, fainos felices maltrataos.....Lles gosta.

4 Lois Xosé-Breixo

É unha vergoña, a ver se hai un cambio de goberno e acaban as presións do Goberno aos xornalistas da TVG. Lede o último escándalo, non entendo como os sindicatos non din nada https://elpais.com/diario/2007/09/0...

3 Abrente

Dende cando un xornalista non pode opinar? Onde está a liberdade de expresión? Igual que as plataformas e organizacións cidadáns teñen dereito de opinión e manifestación, calquer cidadán ten o mesmo dereito. A estes señoritos do comité de empresa venlles grande a democracia. No franquismo farían carreira.

1 Euridice saíndo do inframundo

Quen di que non poda opinar? Pero liches o artigo? Creo que as súas "valoracións", por ser clemente co adxectivo, sobre os asistentes ás manifestacións son excesivas para un xornalista que ocupa o cargo que ocupa. De feito, se non sabe compaxinar esas dúas facetas poderianos facer un favor á "caverna" e demitir. O que se critica é o seu partidismo e as súas "cualificacións". Imaxina que escribise un artigo así a persoa que ocupa o seu equivalente en Catalunya Radio sobre os manifestantes unionistas. Eu sería a primeira en pedir a súa demisión e polo tanto, tamén a pido aquí. http://www.sermosgaliza.gal/articul...

2 Abrente

Non lin o artigo, nin me interesa. So defendo que cada un poida expresarse libremente. Non vivimos en Corea nin en Venezuela. A información de GC é clara: "o comité expresoulle o seu malestar e rechazo polas OPINIONS verquidas por Ojea nunha coluna de OPINION no ABC Galicia titulada “Carroñeiros da desolación”, e máis adiante: "O Comité Intercentros considera que as OPINIOS de..." O que debería dimitir é o comité de empresa por atacar a liberdade de expresión dun xornalista.

3 Sinda Sindiña

Eurídice, e ti leches o artigo? Porque as "valoracións" coma ti lles chamas faillas ÁS ORGANIZACIÓNS POLÍTICAS non á xente. Pero, claro, do outro xeito non vende tanto. O Comité de Empresa podíase preocupar máis de TRABALLAR POLOS SEUS e mirar o que se fai DENTRO desa casa e non o que escribe alguén nun XORNAL PRIVADO. Os primeiros represores son eles que ou eres da súa corda ou van a por ti. Curioso que moitos deles foran xefes durante o bipartito. Que casualidades, non?

2 Medios do PP

A ver se aplican o 155 para acabar coa manipulación da CRTVG, que omite calquera información que poda perxudicar ao PP... E a este señor deberían poñelo na rúa.

1 Abrente Vermello

Por escribir unha opinión ten que perder o seu traballo? Vese que o da liberdade de expresión non vai contigo. Manifestarse con pancartas sí, cun artigo nun xornal, non. Interesante a dobre moral de moitos...

1 Lediciafenesa

Ia sendo hora de que recollerade a nova. Pero tranquilos que aqui nin dimiten nin cesan a ninguen.