Lugo acolle unha nova edición do Festival de Jazz “máis feminino que nunca”

Na programación da XXVII edición que organiza a Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, haberá 22 concertos, dos cales 20 deles serán interpretados por mulleres.

Por Galicia Confidencial | Lugo | 03/11/2017 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

A Deputada de Cultura, Deseño e Artesanía, Pilar García Porto presentou este venres no Círculo das Artes a XXVII edición do Festival de Jazz de Lugo que organiza a Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz, e que terá lugar do 11 ao 19 de novembro na cidade de Lugo. 

Presentación do festival de Jazz de Lugo
Presentación do festival de Jazz de Lugo | Fonte: Deputación de Lugo

García Porto remarcou que esta nova edición “conta coa participación de 22 bandas do mundo do jazz de primeiro nivel, o que converte á cidade de Lugo nun destino único para desfrutar deste grandísimo xénero musical, e que este ano ademais conta cun destacado protagonismo feminino”.

Alberto Grandío e Xosé Luís Díaz, membros da Asociación Amigos do Jazz agradeceron a implicación de todos os organismos implicados na realización desta cita, e avanzaron que esta edición “é a máis feminina das que se teñen celebrado ata o de agora, xa que dos 22 concertos presentados, 20 deles serán interpretados por mulleres”. Avanzaron que o cartel deste ano está composto por músicos de primeiro nivel, e que contará con participación galega como María Toro, frautista e compositora que vive en Rio de Xaneiro.

Na presentación participaron a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez, o Presidente da Asociación organizadora, Alberto Grandío, e o Secretario da Asociación, José Luis Díaz Núñez, así como a Delegada de Cultura na provincia, María José Gómez Rodríguez.

Programación

Círculo das Artes (Escenario 1906).- A entrada a todos os concertos é de 10 euros.

- O sábado 11 de novembro ás 20:30 horas, terá lugar o concerto de Ricca.

- O domingo 12 de novembro ás 18:00 horas, sesión para toda a familia con Por mí, Swing + o sister!.

- O luns 13 de novembro ás 20:30 horas actúa Ingrid Jensen & Christine Jensen Quintet.

- O martes 14 de novembro ás 20:30 horas canta María Toro Project.

- O mércores 15 de novembro ás 20:30 horas turno de Magos Herrera.

- O xoves 16 de novembro ás 21:30 horas actuación de Allison Miller "Boom tic boom".

-O venres 17 de novembro ás 21:30 horas sesión de Dave Douglas & Chet Doxas: Riverside with special Guest Carla Bley.

- O sábado 18 de novembro ás 20:30 horas, actuación de Charennée Wade.

- O domingo 19 de novembro ás 20:30 horas, toca Melisa Aldana Quartet.

Club Clavicémbalo.- A entrada a todos os concertos será de 5 ou 10 euros.

- O sábado 11 de novembro ás 23:45 horas, actuación do quinteto de Olga Reiznichenko.

- O luns 13 de novembro ás 23:00 horas turno para Leira Castro.

- O martes 14 de novembro ás 22:00 horas, concerto de Pere Navarro Quintento, que será emitido en directo en Radio 3. (concerto de balde)

- O mércores 15 de novembro ás 23:30 horas actuación de Michael Olivera Group.

- O xoves 16 de novembro ás 23:45 horas, turno para Alejandro Vargas Trio.

- O venres 17 de novembro ás 23:00 horas, sesión de Odojazz.

- O venres 17 de novembro ás 23:55 horas, toca Mariola Membrives "Omega 20.16"

-O sábado 18 de novembro ás 23:50 horas terá lugar o concerto de Los hot chocolates.

Vello Cárcere.- A entrada a estes concertos é de balde ata completar aforo.

- O domingo 12 de novembro ás 13:00 horas sesión de Sisters in the house. Organiza a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Inclusión do Concello de Lugo.

- O domingo 19 de novembro ás 13:00 horas concerto de EJAZZ, con Carmen Rey, Ángeles Dorrio, Marga Ramos e Betty Queiro.

Ho!Gruf.-A entrada a este concerto é de balde ata completar aforo.

- O sábado 18 de novembro ás 14:00 horas, actuación de Sesión Vermú con Marian Ledesma & Tinaquero Brother.

Casa do Saber.- A entrada a este concerto é de balde ata completar aforo.

-O xoves 16 de novembro ás 20:00 horas sesión con Guillermo Mcgill Quartet

Entradas

O prezo das entradas é de 10 euros  (ou 5 para estudantes), e o abono para tódolos concertos será de 60 euros. Os tickets poden adquirise nas mesmas salas dos concertos, ou online, na dirección www.notikumi.com/channel/festival-jazz-lugo.

Lugo, o decano dos que se celebran en Galicia

A Asociación de Amigos do Jazz Escobijazz ten como principal actividade a organización do Festival de Jazz de Lugo. Este festival celebrase en Lugo dende o ano 1991. O festival deu cabida nestes anos, tanto a estrelas e primeiras figuras internacionais como a novos valores do Jazz mundial, o máis destacado do jazz estatal e tamén do mellor jazz galego. Cabe destacar que o Festival de Jazz de Lugo é o decano dos que se celebran en Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta