Villares carga contra a “covardía” da Xunta por rectificar o número de hectáreas queimadas semanas despois

O portavoz de En Marea acusa o Goberno galego de practicar "o escapismo" na súa xestión da vaga de incendios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/11/2017 | Actualizada ás 17:07

Comparte esta noticia

O portavoz de En Marea, Luís Villares, cargou este sábado contra a "covardía" da Xunta, á que acusa de practicar "o escapismo" na súa xestión da vaga de incendios de mediados do mes de outubro logo de que rectificase semanas despois o número de hectáreas queimadas.

Villares nunha granxa de Samos
Villares nunha granxa de Samos | Fonte: Europa Press

Villares visitou este sábado unha granxa caprina situada no municipio lugués de Samos, desde onde aproveitou para convidar á Xunta a crear oficinas informativas en todos os puntos afectados pola vaga de incendios, como xa anunciou que fará en Cervantes (Lugo).

O maxistrado en excedencia, criticou a actitude do Goberno galego caracterizada na súa opinión pola "covardía e o escapismo", en referencia ao comunicado emitido pola Xunta emitido o pasado venres no que elevaba a 49.000 as hectáreas calcinadas durante a vaga de lumes de outubro.

Así, indicou que o que ocorreu durante o que chamou "o domingo Negro" --15 de outubro-- "non é unha circunstancia excepcional" e que se volverá producir "se non se corrixen as políticas".

"Seguimos facendo un chamamento a todas as forzas políticas e á responsabilidade do PP para conseguir un Pacto Nacional polo Territorio", incidiu, para logo lamentar que os populares vivan "obcecados na súa incompetencia" e non queren "recoñecer a súa parte de responsabilidade por ter as masas forestais e o agro abandonados".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Victor

Villares, xa non te queren nen os de Marea.

1 Alén

Rectificar é de sabios.