Temas: VIñO VALDEORRAS

Valdeorras, á conquista do mercado asiático

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras participará entre o 9 e o 11 deste mes na "Hong Kong International Wine and Spirits Fair".

Por X.M. Fernández | Vilmartín de Valdeorras | 08/11/2017 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

Segundo destaca José Luis García Pando, presidente do organismo, ”trátase dunha das feiras vinícolas máis relevantes de cantas se celebran no continente asiático”. "O consumidor medio chinés dispón cada vez dun maior poder adquisitivo e valora moito os viños europeos. Por iso, o da China é un enorme mercado potencial que debemos ter moi en conta á hora de exportar”, apunta.

Hong Kong International Wine and Spirits Fair. Fonte: DO Valdeorras
Hong Kong International Wine and Spirits Fair. Fonte: DO Valdeorras

O presidente do Consello Regulador desprazarase ata Hong Kong xunto ao director técnico do organismo. Ambos os dous agardan, durante os tres días que dure a feira “establecer contacto directo con potenciais distribuidores, restauradores, xornalistas especializados e outros grupos de interese que poidan actuar no territorio chinés como prescriptores dos viños de Valdeorras”. Xunto a isto, a idea é “chegar tamén directamente aos consumidores finais, posto que se trata dun evento que visita un gran número de persoas”.

O espazo expositor da D.O. Valdeorras, de nove metros cadrados, emprázase no Pavillón de España do recinto feiral. Neste stand, un total de nove bodegas da comarca exhibirán as súas referencias de brancos e tintos: Manuel Corzo; A Coroa S.A.T; Terriña S.L; Sampayolo S.L; Adega Melillas e Fillos S.L; Roandi S.L; Viña Somoza, Bodegas e Viñedos S.L; Bodega Cooperativa Jesús Nazareno S.C.G e Viña Fornos GRS C.B.

Ademais, os viños valdeorreses serán tamén protagonistas nun seminario que o ICEX organizará, no marco da feira, na zona de Tasting do Pavillón de España.

Temas: VIñO VALDEORRAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta