Freixanes recomendalle a Fernández Paz que "acepte as regras de xogo"

O director xeral de Galaxia asegura que os Premios da Cultura Galega son "institución dun país" e recomenda "atopar espazos" para evitar rexeitamentos como o protagonizado por Paz e a asociación de defensa da lingua, Prolingua.

Por Galicia Confidencial | Santiago | 24/11/2010 | Actualizada ás 00:16

Comparte esta noticia

Victor Fernández Freixanes foi claro e contundente cando se lle preguntou polo rexeitamento do premio da Cultura Galega das Letras por parte de Agustín Fernández Paz. "Temos que atopar espazos e, con máis ou menos entusiamos, temos que aceptar as regras de xogo común, porque a sociedade somos todos", aseverou.

Nunha entrevista no Diario Cultural da Radio Galega, Freixanes dixo estar agradecido pola concesión, a Galaxia, do premio da Cultura Galega de Promoción Cultural e instou a Fernández Paz a "aceptar as regras de xogo" e a non rexeitar premios cando "os nosos non están", en alusión ao bipartito.

Así, e a pesar de gabar a súa "coherencia" ao manter esta postura, que espresou hai uns meses a través de Prolingua, tal e como recollemos en GC, o editor suliñou que Galicia ten as súas "institucións" e que estes premios "tamén son institución dun pais". "Non teño nada claro que cando están os nosos teñamos que aplaudir e, rexeitar cando non están os nosos", espetou, tal e como se pode escoitar neste corte:

None

 "Non aceptar ningún premio"

O escritor Agustín Fernández Paz rexeitou o pasado 8 de outubro o  Premio da Cultura Galega das Letras a través dun comunicado da plataforma ProLingua no que, baixo o lema ‘Rosalía de Castro nunca aceptaría este ‘premio”, facía un chamamento ás persoas relacionadas co sector cultural a rexeitar os novos galardóns da Xunta. ”Xulgamos lexítimo non aceptar ningún premio que veña hipotecado por agresións contra a mesma cultura que se finxe exaltar con protocolario boato”, se di no documento.

A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galegas ProLingu ten máis de 2.000 sinaturas entre as que están as de xente como Helena Villar Janeiro, Antón Reixa, Darío Xohán Cabana, Manuel Bragado e Cesáreo Sánchez Iglesias, entre outros, xunto a do propio Agustín Fernández Paz. A plataforma fixo público un manifesto no que reprochaba á Xunta as súas políticas lingüísticas e animaba aos seus simpatizantes a rexeitar os novos Premios da Cultura.

”Ante a convocatoria da Consellería de Cultura e Turismo dos Premios da Cultura Galega, manifestamos que nin a actual Xunta nin o seu presidente, responsables ante a Historia de lexislaren por vez primeira contra a nosa lingua, e polo tanto contra o marco xurídico e fronte ao consenso que posibilitou a súa presenza pública, poden atribuírse agora o papel de benfeitores da cultura galega”, sinalou a plataforma para rexeitar estes premios. ”Temos o convencemento de que nin as brillantes sensibilidades nin as mellores intelixencias deste país aceptarán ser utilizadas para sancionar políticas que causan división arredor dun dos símbolos maiores da nosa convivencia”. Precisamente, a isto se remitiu Fernández Paz para rexeitar o seu galardón.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 82 comentarios

43 Regoneto

Freixanes non engana a ninguén, o que quere é pelas.

42 X.B.

Con que dereito fala Freixanes en nome dos autores que publican en Galaxia?. Entre eles hai quen está en contra destes premios, polo que non ten nada que agradecer representandoos. Que fale polos directivos de Galaxia e punto.

41 Xose

A cuestión non é aceptar un premio dos "outros", a cuestión é aceptar un premio do primeiro goberno galego que toma medidas lexislativas regresivas CONTRA O PRINCIPAL ELEMENTO CULTURAL DO PAIS, A LINGUA! O feito polo actual goberno é tan grave que só desde unha oposición e boicot total podemos manter un mínimo de dignidade. Grazas Fernández Paz.

40 mensaxem U.

"Resulta interesante reflexionarmos sobre as distintas maneiras de actuar ante esta situación concreta. A reacción de Fernández Paz obriga de algún xeito ao resto dos premiados a tomar postura, pois tanto significa definirse como non facelo. Igualmente, tamén nos obriga a nós, como espectadores desa reacción, a decidirmos se concordamos ou non: pensamos que os axentes da cultura galega (escritores, editores, cineastas, artistas, etc) deben tomar partido ou é esta unha postura que esixe unha dose de heroísmo excesiva e debemos simplemente agardar tempos mellores?" Terra e Tempo Freixanes posicionouse definitivamente.

39 remo

sr. Freixanes non estará vostede obedecendo ao seu amo pepeiro de la coz antigallega para q lle deixe publicar o ser artigo nesas páxinas que odian o galego e que vostede non é quen de denunciar?

1 capelan

Obedece a Feijoo e non por nada.

2 capelao

Obedece a Feijoo e non por nada.